Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Martes, 8 de xullo de 2014 Páx. 30559

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de emprazamento aos interesados no procedemento ordinario 4225/2014.

Por medio deste anuncio, e en virtude do que dispón o artigo 49 da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, emprázanse todos os interesados para que no prazo de nove días, contados a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio, comparezan en autos, se iso for do seu interese, mediante procurador con asistencia de letrado ou valéndose tan só de avogado con poder para o efecto, no procedemento ordinario 4225/2014, que se tramita na Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Segunda do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, interposto por Procousa, S.A., contra o Acordo plenario do 8.11.2013, no seu punto 2, polo que se suspende o procedemento de outorgamento de licenzas de parcelación de terreos, edificación e demolición no termo municipal de Ourense.

Ourense, 12 de xuño de 2014

Agustín Fernández Gallego
Alcalde presidente