Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Martes, 15 de xullo de 2014 Páx. 31147

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 2014, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 8 de agosto de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para os titulares de terreos cinexéticos ordenados, destinadas á conservación das poboacións de caza menor, e se convocan para os anos 2013 e 2014.

A Orde do 8 de agosto de 2013 da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas estableceu as bases reguladoras e convocou para os anos 2013 e 2014 as axudas a titulares de terreos cinexéticos ordenados, destinadas á conservación das poboacións de caza menor.

Segundo o establecido no artigo 11 das citadas bases e de conformidade co disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xullo, de subvencións de Galicia, a Dirección Xeral de Conservación da Natureza ordenará a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e crédito orzamentario a que se imputan, beneficiario, cantidade concedida e finalidade ou finalidades da subvención.

Estas axudas fináncianse con cargo ao Plan de Desenvolvemento Rural Sustentable, cunha achega do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente do 50 % e da Xunta de Galicia do 50 %, dentro do Convenio entre o Magrama e a Comunidade Autónoma de Galicia, para a execución, seguimento e avaliación das accións incluídas nos plans de zona das súas zonas rurais.

De acordo co anterior,

RESOLVO:

Facer pública a aprobación das axudas que se relacionan como anexo a esta resolución, axustándose aos principios de publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non discriminación, para as que o secretario xeral técnico de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no desenvolvemento das súas funcións delegadas nas bases reguladoras destas axudas, formulou resolución de concesión o 21 de maio de 2014:

a) Norma reguladora da convocatoria: Orde do 8 de agosto de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para os titulares de terreos cinexéticos ordenados, destinadas á conservación das poboacións de caza menor, e se convocan para os anos 2013 e 2014.

b) Aplicación orzamentaria: 07.05.541B.781.0.

c) Finalidade da axuda: conservación das poboacións de caza menor.

d) Destinatarios: corporacións locais titulares de tecores e institucións sen ánimo de lucro ou agrupacións destas, igualmente titulares de tecores.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2014

Verónica Tellado Barcia
Directora xeral de Conservación da Natureza

ANEXO

Beneficiario

Importe (€)

Asoc. deportiva de cazadores San Xoán de Serres

1.470.00

Sociedad de caza Tordoia

600.00

Sociedad de caza y pesca El Halcón

3.000.00

Asoc. de cazadores San Cristovo de Cea

495.00

Sociedad deportiva de cazadores O Irixo

5.164.80

Asoc. de cazadores de Rairiz de Veiga

990.00

Coto de caza de Sandiás

2.970.00

Sociedade de cazadores de Arnoia

1.452.00

Asoc. de cazadores Pena Trevinca

145.00

Sociedade de cazadores de Bande

435.00

Asoc. de cazadores San Xoán de Randín

960.00

Sociedade de cazadores de Riós

1.881.36

Sociedad de caza Valdín

3.146.40

Nueva asoc. de cazadores A Veiga

2.640.00

Asoc. cazadores Coto Suido, Sociedad de caza e pesca A Laxe, Sociedad de caza La Covelense de Covelo, Sociedad de caza la Mondarizana e Sociedade de caza A Cañiza, representadas pola asoc. cazadores Coto Suido.

15.000.00

Sociedad de cazadores Larazo, Sociedad de cazadores Vila de Cruces, Sociedad de caza y pesca de Silleda e Sociedad de caza Pena Cuntín, representadas pola Sociedad de cazadores Vila de Cruces.

15.000.00

Sociedad de caza y pesca de Forcarei

2.649.90

Sociedade cazadores Monte Xiabre

3.000.00

Sociedad de caza San Huberto Pontecesures

3.000.00

Sociedad de caza couto Mougás-Oia

3.000.00

Sociedad de caza y pesca de Lalín

7.950.00

Sdad de cazadores de Negueira de Muñiz

5.148.04

Asoc. de cazadores de Castro-Carballedo

3.361.20

Asoc. deportiva cultural coto A Cabana

660.00

Club de caza San Verísimo

2.977.00

Sociedad Val de Lemos de Caza, Pesca y Tiro

99.00

Club de Cazadores Santa María de Xián

990.00

Asoc. de cazadores Caxigueiras de Taboada

5.140.00

Asoc. de cazadores de Sober

3.570.34

Sociedad deportiva de caza y pesca de Baleira

2.310.00

Asoc. coto de Quiroga Eiras

2.313.00

Asoc. de cazadoes Los Castros de Frontón

4.748.63