Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Martes, 15 de xullo de 2014 Páx. 31145

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

DECRETO 84/2014, do 10 de xullo, polo que se concede a Medalla de Galicia na súa categoría de ouro.

O artigo 4 do Decreto 1/1991, do 11 de xaneiro, polo que se regula a concesión da Medalla de Galicia, modificado polo Decreto 215/2003, do 3 de abril, establece as medallas que, anualmente, se poderán outorgar nas súas distintas categorías.

Tendo en conta o previsto no artigo antes indicado, o Goberno galego ten a vontade de outorgarlle a súa máis alta distinción a quen se indica a seguir.

Polo tanto, por proposta do vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e logo do acordo do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dez de xullo de dous mil catorce,

DISPOÑO:

Concederlle a Medalla de Ouro de Galicia:

1. Ás vítimas do accidente ferroviario de Angrois.

2. Aos veciños de Angrois.

3. Aos profesionais e voluntarios da saúde que se indican a seguir:

– Profesionais sanitarios da área sanitaria de Santiago de Compostela.

– Profesionais da Fundación Pública Urxencias Sanitarias 061.

– Profesionais da Fundación Pública Centro de Transfusión de Galicia.

– Profesionais do Instituto de Medicina Legal de Galicia.

– Psicólogos do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia.

– Doadores de sangue de Galicia.

4. Aos profesionais e voluntarios dos dispositivos de emerxencias e seguridade que se indican a seguir:

– Bombeiros que participaron nas tarefas de rescate.

– Profesionais da Axencia Galega de Emerxencias e técnicos de emerxencias da Xunta de Galicia.

– Persoal da Policía Local de Santiago de Compostela.

– Persoal do Corpo Nacional de Policía en Galicia.

– Persoal da Garda Civil en Galicia.

– Persoal da Unidade de Policía Adscrita á Xunta de Galicia.

– Voluntarios de Protección Civil de Galicia.

– Cruz Vermella de Galicia.

Santiago de Compostela, dez de xullo de dous mil catorce.

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza