Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Venres, 18 de xullo de 2014 Páx. 31701

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Lourenzá (expediente IN407A 2014/6-2, 8143 AT).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Construcciones Isidro Otero, S.L.

Domicilio social: Valiñadares, 8, Mondoñedo, Lugo.

Denominación: centro de seccionamento e LMT soterrada.

Situación: concello de Lourenzá.

Características técnicas:

• Paso aéreo a soterrado con orixe no apoio existente tipo C-3000-12 e final no centro de seccionamento proxectado, cunha lonxitude de 20 m en condutor tipo RHZ1-240 mm2.

• Centro de seccionamento no lugar de Santo Adrao-Valiña-Lourenzá, en edificio prefabricado tipo CMS, no cal se instala unha cela de liña, e unha cela de protección con fusibles.

En cumprimento dos trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 9 de xuño de 2014

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo