1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:
a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.
b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos
c) Obtención de documentación e información:
1) Dependencia: Servizo de Contratación.
2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro s/n, 2ª planta.
3) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.
4) Teléfono: 881 54 36 35.
5) Telefax: 881 54 27 62.
6) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es
d) Número de expediente: AB-SER1-14-039.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: servizo.
b) Descrición: servizo de ampliación e renovación de licenzas da ferramenta corporativa de protección de equipos clientes para o Servizo Galego de Saúde.
c) División por lotes: non.
d) Prazo de execución/entrega: dous anos desde a súa formalización.
e) Admisión de prórroga: si.
f) CPV (referencia de nomenclatura): 72267100-0.
3. Tramitación, procedemento:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Criterios de adxudicación, de ser o caso:
| Concepto | Puntuación | 
| – Criterios non valorables de forma automática (sobre B) Execución migración Características técnicas Plan de implantación – Criterios valorables de forma automática (sobre C) Oferta económica Nivel de soporte Prazo de execución | 0-10 0-10 0-10 0-50 0-15 0-5 | 
4. Valor estimado do contrato: 169.480 euros.
5. Orzamento base de licitación:
a) Importe neto: 119.836 euros. Importe total: 145.001,56 euros.
6. Garantías exixidas:
Provisional: non. Definitiva: 5 (%) do importe da adxudicación excluído o IVE.
7. Requisitos específicos do contratista:
a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, de ser o caso: ver cláusula 6.6.2 d) e e) do prego de cláusulas administrativas particulares.
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:
a) Data límite de presentación: quince días naturais contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG). Sé o último día de presentación de solicitudes coincide en sábado ou día inhábil na localidade establecida na cláusula 5.2. do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.
b) Lugar de presentación:
1) Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.
2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro s/n.
3) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.
c) Admisión de variantes, si procede: non.
d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses contados desde a data de apertura das proposicións.
9. Apertura das ofertas:
a) Enderezo: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.
b) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.
c) Data e hora: a apertura do sobre B terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao de finalización de presentación das ofertas. No caso que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.
A data de apertura do sobre C publicarase no perfil do contratante.
10. Gastos de publicidade: si, por conta do adxudicatario.
11. Outras informacións: ver prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.
Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2014
P.D. (Decreto 43/2013 e Orde do 5.7.2012)
Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos

