Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Venres, 18 de xullo de 2014 Páx. 31743

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 2014, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a contratación do arrendamento, mediante a modalidade de renting, de vehículos para a realización das funcións de inspección de saúde pública (expediente AB-CON1-14-008).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Consellería de Sanidade.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación.

2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2ª planta.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

4) Teléfono: 881 54 27 87.

5) Telefax: 881 54 27 62.

6) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

7) Data límite de obtención de documentación e información: antes das 14.00 horas do día 5 de agosto de 2014.

d) Número de expediente: AB-CON1-14-008.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: arrendamento, mediante a modalidade de renting, de vehículos para a realización das funcións de inspección de saúde pública.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Prazo de execución/entrega: cinco anos desde a entrega dos vehículos.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 34100000-8.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, de ser o caso:

Concepto

Puntuación

1. Oferta económica

Ata 65 puntos

2. Melloras sobre as prescricións técnicas en materia de seguridade

Ata 20 puntos

3. Melloras sobre as prescricións técnicas en materia de confort

Ata 5 puntos

4. Melloras sobre as prescricións técnicas en materia de servizo

Ata 10 puntos

4. Valor estimado do contrato: 2.846.820,60 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 2.846.820,60 euros. Importe total: 3.444.652,90 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non. Definitiva 5 % do importe de licitación, excluído IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, de ser o caso: ver cláusulas 5.3.1.e) e f) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 5 de agosto de 2014.

Sé o último día de presentación de solicitudes coincide en sábado ou día inhábil na localidade establecida na cláusula 5.2. do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

c) Admisión de variantes, si procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Dirección: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15703.

c) Data e hora: apertura do sobre B terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao de finalización de presentación das ofertas. No caso que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

10. Gastos de publicidade: si, por conta do/dos adxudicatarios.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 30 de xuño de 2014.

12. Outras informacións: ver prego de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2014

P.D. (Decreto 41/2013 e Orde do 3.7.2009)
Pablo Torres Arrojo
Director xeral de Recursos Económicos