De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o inicio dos expedientes PSC-CO-0354/2014-PPM e catro máis.
As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura de Coordinación da Área do Mar da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar, situada na rúa Ramón y Cajal, 2-5º andar, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.
Este anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido das persoas interesadas en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.
O procedemento desenvolverase de conformidade co principio de acceso permanente. Para estes efectos, en calquera momento do procedemento as persoas interesadas teñen dereito a coñecer o seu estado de tramitación e a acceder e obter copias dos documentos contidos nel, ao abeiro do artigo 3.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE núm. 189, do 9 de agosto).
Sen prexuízo do anterior, as persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince (15) días para achegaren cantas alegacións, documentos ou informacións xulguen pertinentes e, de ser o caso, propoñeren proba concretando os medios de que pretendan valerse, segundo o disposto no artigo 16.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.
De non efectuaren alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo previsto no artigo 16.1 citado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución, cos efectos previstos para esta nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, de conformidade co establecido no artigo 13.2 dese real decreto.
A Coruña, 30 de xuño de 2014
Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: PSC-CO-0354/2014-PPM.
Persoa interesada: Elías Paxón de Oliveira.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: Real, 23-2º D, Oleiros.
Expediente: PSC-CO-0334/2014-PPM.
Persoa interesada: Manuel Buiturón Liñeiro.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: A Anchoa, s/n, Fisterra.
Expediente: PSC-CO-0356/2014-PPM.
Persoa interesada: Juan José Calvo Pérez.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: Ogas, Cambeda, 8, Vimianzo.
Expediente: PSC-CO-0367/2014-PPM.
Persoa interesada: Jaime Caño Fernández.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: avenida de Eirís, 231, 9º, A Coruña.
Expediente: PSC-CO-0368/2014-PPM.
Persoa interesada: José Esmorís Bello.
Acto de notificación: inicio.
Último enderezo coñecido: rolda de Outeiro, 281, 6º C, A Coruña.
