De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), notifícaselle a Dilsea, S.L., Friogarrida, S.A., Berbescon, S.L., Mariscos Carpeska, S.L., Kanoura Fish, S.L. e Isla Vionta, S.L. o informe provisional sobre controis posteriores previstos no artigo 56 do Regulamento (CE) 1198/2006 do Consello, do 27 de xullo, sobre operacións cofinanciadas polo Fondo Europeo da Pesca (FEP) e xestionadas pola Secretaría Xeral do Mar no marco da medida 2.3 Transformación e comercialización dos produtos da pesca e da acuicultura a través do programa operativo para o sector pesqueiro español 2007-2013.
De conformidade co previsto no artigo 38.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 77.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se regula o regulamento da citada lei, dáselles aos beneficiarios o trámite de audiencia para que nun prazo de dez días hábiles, contados desde o día seguinte a aquel en que teña lugar a publicación do presente escrito, poidan alegar e presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.
Á vista das alegacións e da documentación presentada ou transcorrido o prazo concedido para o efecto, emitirase informe definitivo.
Os informes provisionais dos expedientes que se relacionan a continuación están á disposición dos interesados na Secretaría Xeral do Mar, San Caetano, s/n, Santiago de Compostela:
Número de expedientes SXPA: PE201B/2009/010-5 e PE201B/2008/016-5.
Beneficiaria: Dilsea, S.L.
CIF: B36949022.
Número de expediente SXPA: PE201B/2008/051-5.
Beneficiaria: Friogarrida, S.A.
CIF: A36830685.
Número de expedientes SXPA: PE201B/2009/039-5 e PE201B/2010/046-5.
Beneficiaria: Berbescon, S.L.
CIF: B36447571.
Número de expediente SXPA: PE201B/2010/069-5.
Beneficiaria: Mariscos Carpeska, S.L.
CIF: B36595502.
Número de expediente SXPA: PE201B/2009/008-2.
Beneficiaria: Kanoura Fish, S.L.
CIF: B27342492.
Número de expediente SXPA: PE201B/2009/028-1.
Beneficiaria: Isla Vionta, S.L.
CIF: B15378896.
Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2014
Juan Carlos Maneiro Cadillo
Secretario xeral do Mar
