No perfil do contratante publícanse íntegros os pregos de condicións para a contratación, mediante procedemento aberto, cun só criterio de adxudicación, para o alleamento, mediante compravenda, das parcelas 1A, 3A, 4B e 10, propiedade de Urbaourense, S.A., clasificadas urbanisticamente como solo urbano non consolidado e integradas na AR-39-E do concello de Ourense-zona de Mariñamansa, con destino a vivendas libres e protexidas e usos terciarios. As proposicións presentaranse ata as 14.00 horas do sexaxésimo (60) día natural contado desde o seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no DOG. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XIII do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que lles será facilitado gratuitamente aos que o soliciten, no Rexistro da Deputación Provincial de Ourense; rúa Progreso, nº 32, ou por teléfono: 988 38 52 02 e
fax: 988 38 51 84, ou na páxina web da deputación www.depourense.es
Ourense, 4 de xullo de 2014
José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense
