Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Venres, 18 de xullo de 2014 Páx. 31754

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de licitación, polo procedemento aberto, para a contratación do servizo de fisioterapia e recuperación deportiva no pazo dos deportes Paco Paz durante a tempada 2014-2015.

No perfil do contratante publícanse íntegros os pregos de condicións para a contratación, mediante procedemento aberto, do servizo de fisioterapia e recuperación deportiva no pazo dos deportes Paco Paz durante a tempada 2014-2015. As proposicións presentaranse ata as 14.00 horas do décimo quinto (15º) día natural contado desde o seguinte ao da publicación do anuncio de licitación no DOG. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XIII do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que lles será facilitado gratuitamente aos que o soliciten, no Rexistro da Deputación Provincial de Ourense; rúa Progreso, nº 32, ou por teléfono: 988 38 52 02 e fax: 988 38 51 84, ou na páxina web da deputación www.depourense.es

Ourense, 3 de xullo de 2014

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense