Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Venres, 18 de xullo de 2014 Páx. 31751

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Meis

EDICTO de contratación do servizo de limpeza de edificios e instalacións municipais.

Mediante Resolución da Alcaldía do día 20 de xuño de 2014 aprobouse o expediente de contratación seguinte:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Meis.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: de servizos.

b) Descrición do obxecto: limpeza de edificios e instalacións municipais.

c) Duración do contrato: un ano, con posibilidade dunha prórroga.

3. Modalidade de adxudicación.

Procedemento aberto, con varios criterios de adxudicación, tramitación ordinaria.

4. Tipo de licitación.

68.894,11 euros e 14.467,76 € de IVE.

Valor estimado do contrato: 166.723,74 € e 28.935,552 € de IVE.

5. Clasificación do contratista.

Grupo U, subgrupo 01, categoría a.

6. Garantías.

Provisoria: non se exixe.

Definitiva: 5 % do importe da adxudicación.

7. Exame do expediente.

Os licitadores poderán examinar o expediente, na Secretaría Xeral do concello, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, excepto festivos, e ata o día anterior ao do remate do prazo de presentación de proposicións.

8. Presentación de proposicións.

As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral deste concello, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, e os sábados das 10.00 ás 13.00 horas, durante o prazo de quince (15) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio no BOP e no DOG. Se o último día de presentación de ofertas for inhábil, prorrogarase ata o día hábil seguinte.

9. Apertura de proposicións.

Ás 12.00 horas do quinto día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación de ofertas a mesa de contratación procederá, en acto público, á apertura das propostas técnicas presentadas (sobres B). Para estes efectos, se tal día for sábado, o acto terá lugar o día hábil seguinte. Posteriormente, na data que se comunique vía telemática ou mediante fax, procederase en acto público á apertura das propostas económicas (sobres C) .

10. Obtención de documentación e información.

Concello de Meis. Avenida de Cambados, 67, O Mosteiro (36637).

Páxina web: www.meis.es

Teléfonos: 986 71 20 01, fax: 986 71 53 00.

11. Criterios de adxudicación.

Criterios cuxa ponderación depende dun xuízo de valor:

a) Memoria organizativa: 10 puntos.

b) Control de calidade do servizo: 10 puntos.

c) Utilización de medios técnicos e humanos na prestación do servizo: 30 puntos.

Criterios cuantificables automaticamente:

Prezo ofertado, ata un máximo de 50 puntos.

12. Gastos de publicidade.

Serán por conta do contratista adxudicatario.

Meis, 23 de xuño de 2014

José Luis Pérez Estévez
Alcalde