Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Venres, 18 de xullo de 2014 Páx. 31750

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO das bases xerais reguladoras das subvencións de concorrencia competitiva e das axudas económicas individuais para persoas con talento deportivo, correspondentes ao exercicio 2014.

No BOP de Lugo 159, do 12 de xullo de 2014, publicouse o texto íntegro das bases xerais reguladoras das subvencións de concorrencia competitiva e das axudas económicas individuais para persoas con talento deportivo, correspondentes ao exercicio 2014, outorgadas polas áreas de Participación Cidadá, Cultura e Deportes do Concello de Lugo, aprobadas polos decretos 14006678, 14006681, 14006581 e 14006582, respectivamente, do libro de resolucións do 4 e 8 de xullo de 2014.

O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que as persoas interesadas poidan presentar as solicitudes que xulguen oportunas, no prazo dun mes para as áreas de Participación Cidadá e Deportes e de trinta días naturais para a Área de Cultura, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 14 de xullo de 2014

Manuel Núñez López
Tenente de alcalde delegado de Servizos Xerais