Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Martes, 22 de xullo de 2014 Páx. 32007

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 2014 pola que se procede á publicación da relación dos beneficiados e do importe das bolsas concedidas en virtude da Orde do 27 de febreiro de 2014, pola que se establecen as bases reguladoras de bolsas de formación en materia de arquivos e se convocan as correspondentes ao programa 2014.

En cumprimento do disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e do artigo 8 da Orde do 27 de febreiro de 2014, pola que se establecen as bases reguladoras de bolsas de formación en materia de arquivos e se convocan as correspondentes ao programa 2014, procédese á publicación dos adxudicatarios, suplentes e excluídos.

Obxecto da axuda: as bolsas irán destinadas a actividades de formación relacionadas cos procesos técnicos que se realizan no ámbito dos arquivos e os seus fondos documentais.

Os bolseiros realizarán a súa actividade nos arquivos a que sexan destinados e nos servizos centrais da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e serán tutelados, coordinados e dirixidos polos seus servizos técnicos de arquivos.

As bolsas terán unha duración de seis (6) meses, contados a partir da data de incorporación que estableza a Secretaría Xeral de Cultura de acordo co centro de destino.

As bolsas poderán ser prorrogables automaticamente ata outros 6 meses en función da existencia de crédito suficiente nos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para 2015.

Norma reguladora: Orde do 27 de febreiro de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras de bolsas de formación en materia de arquivos e se convocan as correspondentes ao programa (Diario Oficial de Galicia nº 49, do 12 de marzo).

Crédito orzamentario: 107.406 € (cento sete mil catrocentos seis euros), recollido na aplicación orzamentaria 09.20.432A.480.1 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2014.

Beneficiarios: os beneficiarios e o importe das bolsas figuran no anexo a esta resolución.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado a partir da data da súa notificación aos interesados ou recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a data de notificación.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2014

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO
Relación de adxudicatarios e importe das bolsas de arquivos

Orde

Apelidos e nome

Puntos

Destino

Importe bruto mensual

1

Fresco Santalla, Ana María

8,75

Arquivo de Galicia

895,05 €

2

Otero Pereiras, Jesús

6,80

Arquivo Histórico Provincial de Lugo

895,05 €

3

Santos Gestido, María Ilduara

6,50

Arquivo de Galicia

895,05 €

4

Gregorio Mosquera, Pedro

6,50

Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra

895,05 €

5

Encinar Romero, María Pilar

6,00

Arquivo do Reino de Galicia

895,05 €

6

Pavón Guede, Sabela

5,25

Arquivo Histórico Provincial de Ourense

895,05 €

7

Fernández Rodríguez, Sara Inmaculada

4,55

Arquivo do Reino de Galicia

895,05 €

8

Fernández Vázquez, Sofía

4,50

Arquivo do Reino de Galicia

895,05 €

9

Porto Janeiro, José María

4,50

Arquivo de Galicia

895,05 €

10

Vázquez González, María Dolores

4,45

Arquivo de Galicia

895,05 €

11

López Sánchez, Miguel

4,30

Dodro

895,05 €

12

Teixeira Carballeda, Eva

4,25

Arquivo Histórico Provincial de Lugo

895,05 €

13

Castro Paredes, Inmaculada

4,25

Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra

895,05 €

14

Rodríguez González, Esther

4,25

Arquivo Histórico Provincial de Ourense

895,05 €

15

Arcay Barral, Ángel María

3,70

Arquivo Histórico Provincial de Ourense

895,05 €

16

Torrado Gándara, Lorena

3,60

Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra

895,05 €

17

Rey Modia, Jesús

3,50

Arquivo Histórico Provincial de Lugo

895,05 €

18

Vázquez Rodríguez, Ana Belén

3,50

O Barco de Valdeorras

895,05 €

19

Leira Castiñeira, Francisco Jorge

3,50

Porto do son

895,05 €

20

Gayoso Carreira, Sabela

3,50

Muíños

895,05 €