Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Martes, 22 de xullo de 2014 Páx. 32058

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 1 de xullo de 2014, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a resolución dos expedientes sancionadores en materia de espectáculos públicos OU-E-94/14 e outros.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles aos titulares dos establecementos que se relacionan no anexo que se achega a resolución do expediente sancionador, por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.

O importe da sanción farase efectivo, na conta restrinxida de recadación de multas e sancións en Abanca, Recadación Xunta, modelo XTAX, ou na conta contable 840, código 001, de Abanca, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte a aquel en que esta resolución sexa executiva. Para efectuar o ingreso deberá empregar os impresos normalizados que lle serán facilitados na oficina desta xefatura territorial, sita na avenida da Habana, nº 79, 2º, de Ourense.

Transcorrido o citado prazo, cobrarase pola vía administrativa de constrinximento de conformidade co establecido na disposición segunda da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

Non obstante o anterior, e de conformidade co disposto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada, perante o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

Ourense, 1 de xullo de 2014

Marisol Díaz Mouteira
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Número de expediente: OU-E-94/14.

DNI: 76726963-K.

Denunciado: Rubén del Río Freire.

Enderezo: r/ Celso Emilio Ferreiro, 14. Celanova (Ourense).

Establecemento: Patapaf; r/ Celso Emilio Ferreiro, 14. Celanova (Ourense).

Precepto infrinxido: artigo 26.e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, modificada pola Lei 4/1997.

Importe da sanción: 90 €.

Número de expediente: OU-E-95/14.

CIF: B32336000.

Denunciada: Medusa Ibérica Brokers, S.L.

Enderezo: pza. das Mercedes, 14, soto. Ourense.

Establecemento: Underground; pza. das Mercedes, 14, soto. Ourense.

Precepto infrinxido: artigo 26.e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, modificada pola Lei 4/1997.

Importe da sanción: 95 €.

Número de expediente: OU-E-100/14.

CIF: B32424269.

Denunciada: Candelarios Vales, S.L.

Enderezo: r/ Abdón Blanco, 12, baixo. O Barco de Valdeorras (Ourense).

Establecemento: Bik-Bok; r/ Abdón Blanco, 12, baixo. O Barco de Valdeorras (Ourense).

Precepto infrinxido: artigo 26.e) da Lei 1/1992, do 21 de febreiro, modificada pola Lei 4/1997.

Importe da sanción: 120 €.