Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Martes, 22 de xullo de 2014 Páx. 32052

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (876/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 876/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Blanca Vilela Ferro contra Tórculo Artes Gráficas, Randstad Empleo Empresa de Trabajo Temporal, S.A., Copybelén, S.L. Copybelén, Fotocopias Maxin, S.L.U., Fogasa, José Benigno Castro Ambroa, Campus na Nube, S.L., Copybelén, S.L. e José Benito Castro Ambroa, UTE, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Auto.

Maxistrada xuíza: Carolina Nores Díaz.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2014.

Antecedentes de feito:

Primeiro. En data do 25 de abril de 2014 ditouse sentenza no presente procedemento. A demandada interesou por escrito aclaración de sentenza, do cal se deu traslado á parte demandante.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. Dispón o artigo 267.1 da Lei orgánica do poder xudicial que «Os tribunais non poderán variar as resolucións que pronuncien despois de asinadas, pero si aclarar algún concepto escuro e rectificar calquera erro material que se produza».

Ao anterior precepto debe agregarse o establecido nos artigos 214 e seguintes da Lei de axuizamento civil ao establecer que os tribunais non poderán variar as resolucións que pronuncien despois de asinadas, pero si aclarar algún concepto escuro e rectificar calquera erro material que se produza.

As aclaracións a que se refire o punto anterior poderán facerse de oficio dentro dos dous días hábiles seguintes ao da publicación da resolución, ou por petición de parte ou do Ministerio Fiscal formulada dentro do mesmo prazo, que neste caso será resolta polo tribunal dentro dos tres días seguintes ao da presentación do escrito en que se solicite a aclaración.

Os erros materiais manifestos e os aritméticos en que incorran as resolucións xudiciais poderán ser rectificados en calquera momento.

Pola súa banda, o artigo 215 refírese á emenda e complemento de sentenzas e autos defectuosos ou incompletos establecendo que as omisións ou defectos que puideren conter sentenzas e autos e que for necesario remediar para levar plenamente a efecto as ditas resolucións poderán ser emendadas, mediante auto, nos mesmos prazos e polo mesmo procedemento establecidos no artigo anterior.

Se se tratase de sentenzas ou autos que tiveren omitido manifestamente pronunciamentos relativos a pretensións oportunamente deducidas e tramitadas no proceso, o tribunal, por solicitude escrita de parte no prazo de cinco días contados desde a notificación da resolución, logo de traslado da dita solicitude ás demais partes, para alegacións escritas por outros cinco días, ditará auto polo cal resolverá completar a resolución co pronunciamento omitido ou que non procede completala.

Se o tribunal advertise en sentenzas ou autos que ditase as omisións a que se refire o punto anterior, poderá, no prazo de cinco días contados desde a data en que se dita, proceder de oficio, mediante auto, a completar a súa resolución, pero sen modificar nin rectificar o que tiver acordado.

Non caberá recurso ningún contra os autos en que se completen ou se denegue completar as resolucións a que se refiren os anteriores puntos deste artigo, sen prexuízo dos recursos que procedan, se é o caso, contra a sentenza ou auto a que se referise a solicitude ou a actuación de oficio do tribunal. Os prazos para estes recursos, se foren procedentes, comezarán a computar desde o día seguinte á notificación do auto que recoñecese ou negase a omisión de pronunciamento e acordase ou denegase remediala.

Doutra parte, non procede acceder á imposición de custas no presente procedemento. A mera non comparecencia do demandado non é razón de temeridade ou mala fe.

Segundo. Interesa a demandada que se indique que data se tivo en conta co fin do cálculo da indemnización, se a data en que a subrogación debese ter lugar ou a da extinción da relación laboral no ERE.

Do propio contido da resolución ao indicar que a condena destas demandadas Tórculo e Campus na Nube é por non proceder á subrogación, cando esta debía operar, a consecuencia legal é que o efecto do despedimento se produce cando a subrogación non tivo lugar, estando obrigado a iso, isto é o 21 de agosto de 2013, data tida en conta para o cálculo da indemnización.

Terceiro. Interésase igualmente aclaración acerca da procedencia das entidades Tórculo Artes Gráficas e Campus Na Nube para descontar a indemnización percibida pola demandante no procedemento de extinción da relación laboral seguido contra Fotocopias Maxin no Xulgado do Mercantil.

Respecto da responsabilidade de Fotocopias Maxim, S.L.U. esta alcanzará unicamente o aboamento da indemnización ou as diferenzas da indemnización en relación á fixada no Xulgado do Mercantil, por non resultar posible respecto da dita empresa a readmisión ao terse extinguido o contrato de traballo que a vinculaba coa demandante polo Xulgado do Mercantil con anterioridade ao presente pronunciamento. Todo iso sen prexuízo, se é o caso, de optarse polo aboamento da indemnización, por ambas as dúas empresas cedente e cesionaria unicamente corresponde ao aboamento das diferenzas que procedan na indemnización, e que a traballadora tivese percibido xa a cantidade fixada polo Xulgado do Mercantil.

Cuarto. En aplicación do indicado no fundamento xurídico primeiro, e ao resolver a aclaración interesada pola demandada, por esta xulgadora apreciouse un erro na transcrición da decisión ao indicar na sentenza:

«Que considerando as demandas interpostas por instancia de Mª Blanca Vilela Ferro, asistida da Letrada Sra. Vila Amarelle, contra a entidade Fotocopias Maxin, S.L.U. (declarada en concurso, sendo nomeada administradora concursal María Sierra Domínguez), que debidamente citada non ten comparecido e contra as entidades Tórculo Artes Gráficas, S.A. e Campus Na Nube, S.L., asistidas polo letrado Sr. Lobato Iglesias, a entidade Randstad Empleo ETT, S.A., asistida polo letrado Sr. Fernández Victoria, contra José Benigno Castro Ambroa, Copy Belén e José Benigno Castro Ambroa, UTE e Copy Belén, S.L., asistidas polo letrado Sr. Quintas López, e contra o Fogasa, quen non compareceu ao xuízo oral;

Debo declarar e declaro:

– A improcedencia do despedimento, condenando as entidades Tórculo Artes Gráficas e Campus na Nube, de forma solidaria, a optar pola inmediata readmisión da traballadora (o que, de ser o caso, lle correspondería á actual adxudicataria) no seu posto de traballo, con aboamento dos salarios de tramitación deixados de percibir, a razón de 42,63 euros/día ou, de ser o caso, ao aboamento dunha indemnización calculada a razón de 45 días de salario por ano de servizo polo tempo de prestación de servizos anterior á dita data, e a razón de 33 días de salario por ano de servizo polo tempo de prestación de servizos posterior.

Debo condenar e condeno a entidade Fotocopias Maxin, S.L.U. a que lle aboe á demandante:

– A suma de 46.519,99 euros en concepto de indemnización (cantidade da cal deberá descontarse a cantidade percibida pola declaración de extinción da relación laboral no Xulgado do Mercantil).

– A suma de 10.262,37 euros en concepto de salarios debidos, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre a dita cantidade.

Debo condenar e condeno as demais demandadas a estar e pasar por esta declaración.

Non procede condenar nesta instancia o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade nos termos do artigo 33 do ET.

Cando en realidade e a teor das peticións das demandadas e o contido da sentenza este debería indicar:

Que considerando as demandas interpostas por instancia de Mª Blanca Vilela Ferro, asistida da letrada Sra. Vila Amarelle, contra a entidade Fotocopias Maxin, S.L.U. (declarada en concurso, sendo nomeada administradora concursal María Sierra Domínguez), que debidamente citada non compareceu, e contra as entidades Tórculo Artes Gráficas, S.A. e Campus na Nube, S.L., asistidas polo letrado Sr. Lobato Iglesias, a entidade Randstad Empleo ETT, S.A., asistida polo letrado Sr. Fernández Victoria, contra José Benigno Castro Ambroa, Copy Belén e José Benigno Castro Ambroa, UTE e Copy Belén, S.L., asistidas polo letrado Sr. Quintas López, e contra o Fogasa, quen non compareceu ao xuízo oral.

Debo declarar e declaro:

– A improcedencia do despedimento, condenando as entidades Tórculo Artes Gráficas e Campus na Nube, de forma solidaria, a optar pola inmediata readmisión da traballadora (o que, de ser o caso, lle correspondería á actual adxudicataria) no seu posto de traballo, con aboamento dos salarios de tramitación deixados de percibir, a razón de 42,63 euros/día ou, de ser o caso, ao aboamento dunha indemnización calculada a razón de 45 días de salario por ano de servizo polo tempo de prestación de servizos anterior á dita data, e a razón de 33 días de salario por ano de servizo polo tempo de prestación de servizos posterior.

Debo condenar e condeno solidariamente coas anteriores a entidade Fotocopias Maxin, S.L.U. a que lle aboe á demandante:

– A suma de 46.519,99 euros en concepto de indemnización.

– A suma de 10.262,37 euros en concepto de salarios debidos, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre a dita cantidade.

Da cantidade percibida en concepto de indemnización, da cal deberá descontarse a cantidade percibida pola declaración de extinción da relación laboral no Xulgado do Mercantil.

Debo condenar e condeno as demais demandadas a estar e pasar por esta declaración.

Non ten lugar a condenar nesta instancia o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade nos termos do artigo 33 do ET».

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeneral aplicación.

Parte dispositiva.

Procede de oficio a aclaración da sentenza ditada neste procedemento de data 25 de abril de 2014 no sentido recollido nos fundamentos xurídicos desta resolución.

Esta resolución é firme e contra ela non cabe ningún recurso.

Así, por esta a miña resolución, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Fotocopias Maxin, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2014

A secretaria xudicial