Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Martes, 5 de agosto de 2014 Páx. 33699

V. Administración de xustiza

Xulgado de primeira instancia nº 13 A coruña

EDICTO (914/2012).

Lourdes Villegas Castrillo, secretaria xudicial substituta do Xulgado de Primeira Instancia número 13 da Coruña, por medio do presente edicto anuncia que neste xulgado se tramitan autos de xuízo ordinario por instancia de Próxima Construcciones y Contratas, S.L. fronte a Unificación de Cartera Accionarial, S.A., en que se ditou sentenza con data do 13 de marzo de 2013.

Ao estar o dito demandado, Unificación de Cartera Accionarial, S.A., en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de cédula de notificación en forma. Fáiselles saber aos interesados que se poderán dirixir a esta oficina para ter coñecemento íntegro do acto.

Contra a resolución indicada cabe recurso de apelación no prazo de vinte días contado desde o seguinte ao da notificación.

A Coruña, 11 de xullo de 2014

A secretaria xudicial