O Consello de Dirección do Igape, na súa xuntanza do 27 de marzo de 2014, acordou por unanimidade dos seus membros asistentes a aprobación das bases reguladoras das axudas do Igape para a bonificación dos custos do financiamento dos investimentos das microempresas de Galicia, titulares de préstamos inferiores ou iguais a 25.000,00 € con fondos do Instituto de Crédito oficial (ICO), instrumentadas mediante convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as entidades financeiras e as sociedades de garantía recíproca (programa Microcréditos). As ditas bases foron publicadas mediante Resolución do 26 de maio de 2014 (DOG núm. 103, do 2 de xuño).
Xunto co texto das devanditas bases publicouse a relación das entidades financeiras que se adheriron ao convenio.
Téndose ratificado con data do 8 de xuño de 2014 a adhesión da entidade financeira Bankia, S.A., cómpre facelo público.
Polo que antecede, en virtude das facultades que teño conferidas mediante o artigo 12.a) da Lei 5/1992, do 10 de xuño, de creación do Instituto Galego de Promoción Económica e do artigo 11.1.a) do Decreto 317/1992, do 12 de novembro, polo que se aproba o regulamento do Igape,
RESOLVO:
Único. Engadir a entidade financeira Bankia, S.A. á relación de entidades financeiras adheridas ao convenio de colaboración para a bonificación dos custos do financiamento dos investimentos das microempresas de Galicia, titulares de préstamos inferiores ou iguais a 25.000,00 € con fondos do Instituto de Crédito Oficial (ICO), asinado o 26 de maio de 2014.
Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2014
Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica