Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Xoves, 7 de agosto de 2014 Páx. 34144

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 28 de xullo de 2014 do tribunal de selección designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos convocado pola Orde do 20 de xuño de 2013 (Diario Oficial de Galicia número 122, do 28 de xuño) pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realizacion do terceiro exercicio do proceso selectivo.

Na sesión que tivo lugar o 28 de xullo de 2014, o tribunal nomeado pola Orde do 6 de febreiro de 2014 (Diario Oficial de Galicia núm. 36, do 21 de febreiro) para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos, convocado pola Orde do 20 de xuño de 2013 (Diario Oficial de Galicia núm. 122 do 28 de xuño), acordou, de conformidade co disposto na base II.1.1.3 da convocatoria, que o terceiro exercicio da oposición terá lugar o día 11 de setembro de 2014, na aula 11 da Escola Galega de Administración Pública en Santiago de Compostela, en chamamento único que comezará ás 16.00 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal e bolígrafo de tinta azul.

Para o desenvolvemento deste exercicio os aspirantes poderán servirse de textos legais sen comentarios; admítense as súas versións consolidadas, aquelas en que figuran notas de vixencia e/ou referencias cruzadas a outras normas e os subliñados simples sempre que non inclúan ningunha outra información, comentario doutrinal ou referencia xurisprudencial. Está expresamente prohibida a utilización de libros de consulta, temarios, informes ou ditames de calquera tipo.

Durante o desenvolvemento do exercicio os membros do tribunal poderán examinar o material que está a utilizar cada aspirante e comprobar que se axusta ao establecido nos parágrafos anteriores. O manexo de textos normativos distintos dos permitidos determinará a expulsión do aspirante.

Non se permitirá o acceso ás aulas nas que realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas ou calquera outros instrumento do que se poida valer o aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2014

María del Mar García Miraz
Presidenta do tribunal