Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Venres, 8 de agosto de 2014 Páx. 34296

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 1949/2014-MFV).

Xulgado de orixe/autos: despedimento/cesamentos en xeral 422/2013 Xulgado do Social número 1 da Coruña.

Recorrente: Rosa María Iglesias Lorenzo.

Avogado: Fernando José Méndez Sanjurjo -CC.OO.

Recorridos: Fogasa, Centro Clínico Ribadeo, S.L., Galicia Saudade, S.L., Concello de Sada (A Coruña), Bogar Asistencia, S.L., Admón. Concursal Galicia Saudade (José Ignacio Losada Castillo).

Avogado/a: Ltdo. Fogasa/Juan Carlos Rodríguez Maseda (fax: 982 28 47 98)/DOG (Galicia Saudade)/Miguel Torres Jack (Concello)/Mª Esther Segura Espinosa (Bogar)/Sr. Losada (Conejo, 22-7º C. 32003 Ourense).

Procurador: Juan Lage Fernández-Cervera.

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1949/2014 desta sección, seguido por instancia de Rosa María Iglesias Lorenzo contra o Fogasa, Centro Clínico Ribadeo, S.L., Galicia Saudade, S.L., Concello de Sada (A Coruña), Bogar Asistencia, S.L., Administración Concursal de Galicia Saudade (José Ignacio Losada Castillo) sobre despedimento disciplinario, foi ditada a seguinte resolución:

«Decidimos desestimar o recurso de suplicación interposto pola representación letrada de Rosa María Iglesias Lorenzo contra a sentenza do Xulgado do Social número 1 da Coruña, do 27 de novembro de 2013 en autos nº 422/2013, que confirmamos. Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas desta sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para a unificación de doutrina, que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala do social dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación desta sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguranza social, deberá consignar a cantidade de 600 euros en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións desta sala aberta no Banesto co nº 1552, indicando no campo concepto «Recurso» seguido do código «35 Social Casación». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír despois da conta referida, separados por un espazo, o código «35 Social Casación». Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada co formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles. Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Galicia Saudade, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 10 de xullo de 2014

A secretaria xudicial