Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Venres, 8 de agosto de 2014 Páx. 34302

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

RECURSO de suplicación (1650/2012-RF).

Tipo e nº de recurso: recurso de suplicación 1650/2012-RF.

Xulgado de orixe/autos: demanda 393/2008 do Xulgado do Social número 2 da Coruña.

Recorrente: Manuel Allo Fraga.

Avogado: José Manuel Garaeta Díaz.

Recorridos: Fogasa, Auxiliar de Ingeniería, S.A., Vallehermoso División Promoción, S.A.U., Edificaciones Orivan, S.L., Diego Comendador Alonso, administración concursal Edificaciones Orivan, S.L. (Sres. Lorenzo-Rodríguez y Comenda, Carlos Rodríguez Alba).

Avogados: José Luis Jiménez García, Silvia Mañas Cruz, Sebastián Lorenzo Viejo.

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento do recurso de suplicación 1650/2012 desta sección, seguido por instancia de Manuel Allo Fraga contra o Fogasa, Auxiliar de Ingeniería, S.A., Vallehermoso División Promoción, S.A.U., Edificaciones Orivan, S.L., Diego Comendador Alonso administración concursal Edificaciones Orivan, S.L. (Sres. Lorenzo-Rodríguez y Comenda, Carlos Rodríguez Alba) sobre reclamación de cantidade, foi ditada a sentenza do 13 de xuño de 2014 cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Decidimos que, considerando o recurso de suplicación interposto polo letrado José Manuel Garaeta Díaz, en nome e representación de Manuel Allo Fraga, contra a sentenza do catro de outubro de dous mil once, ditada polo Xulgado do Social número 2 da Coruña, en autos seguidos por instancia do recorrente contra as empresas Edificaciones Orivan, S.L., en situación de concurso de acredores, Vallehermoso División Promoción, S.A.U. e Auxiliar de Ingeniería, S.A., sobre cantidade, nos cales foi parte o Fondo de Garantía Salarial e Carlos Rodríguez Alba, na súa condición de administrador concursal da empresa Edificaciones Orivan, S.L., debemos revogar e revogamos a sentenza ditada e, con estimación da demanda, debemos condenar e condenamos as empresas Edificaciones Orivan, S.L., en situación de concurso de acredores, Vallehermoso División Promoción, S.A.U. e Auxiliar de Ingeniería, S.A., a que, de forma solidaria, aboen ao demandante a cantidade de tres mil seiscentos sete euros con vinte e sete céntimos (3.607,27 euros), polos conceptos de salarios debidos dos meses de febreiro e marzo de 2008, 8 días de abril de 2008 e vacacións non desfrutadas de 2008, así como o 10 % da devandita cantidade, en cómputo anual, en concepto de xuros de demora, e ao Fondo de Garantía Salarial, dentro do límite das súas responsabilidades legais e en caso de insolvencia das empresas codemandadas, e desestimando a demanda formulada contra Carlos Rodríguez Alba, na súa condición de administrador concursal da empresa Edificaciones Orivan, S.L., debemos absolvelo e absolvémolo dos pedimentos contidos nela, sen prexuízo de que se lle notifique a sentenza para os efectos legalmente establecidos.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos arts. 220 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social e, unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e incorpórese ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

A interposición de recurso de casación na orde social exixe o ingreso dunha taxa no Tesouro público. Os termos, condicións e contía deste ingreso son os que establece a Lei 10/2012, do 20 de novembro, nos artigos 3 (suxeito pasivo da taxa), 4 (exencións á taxa), 5 (devindicación da taxa), 6 (base impoñible da taxa), 7 (determinación da cota tributaria), 8 (autoliquidación e pagamento) e 10 (bonificacións derivadas da utilización de medios telemáticos). Esta lei ten desenvolvemento regulamentario na Orde HAP/2662/2012, do 13 de decembro.

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta a nosa sentenza».

Advírtese á parte en ignorado paradoiro que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións nas dependencias do xulgado, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co establecido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Edificaciones Orivan, S.L., con último domicilio coñecido en Arteixo, A Coruña, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán nas dependencias do xulgado, salvo as que sexan autos ou sentenzas ou cando se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 17 de xullo de 2014

A secretaria xudicial