Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Venres, 8 de agosto de 2014 Páx. 34310

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO 433/2014 (citación xuízo 8.6.2015).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento número 433/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Abel Corredoira contra a empresa Autotracción Lugo, S.L e once máis, sobre cantidade, expediuse a seguinte cédula de citación:

«Cédula de citación.

Tribunal que ordena citar: Xulgado do Social número 1.

Asunto en que se acorda: procedemento ordinario 433/2014.

Persoa que se cita: Manuel Castro Soilán, Fermotor, S.L., Talleres A Serna, S.L., Autotracción Lugo, S.L., Autrotracción Bierzo, S.L., Lesauto, S.L., Astur Leonesa de Automocion, S.L., Prinlecar, S.L., Asturdiésel, S.L., Prinsa Motor, S.L., Astur Leonesa del Motor, S.L., Portillo Motor, S.L., como partes demandadas.

Obxecto da citación: asistir nesa condición ao/aos acto/s de conciliación e, se é o caso, xuízo, concorrendo para tales actos coas probas de que se tente valer e tamén, se a parte contraria o pide e o tribunal o admite, contestar as preguntas que se lle formulen na práctica da proba de interrogatorio.

Lugar, día e hora en que debe comparecer: deben comparecer o día 8.6.2015 ás 11.00 horas, na sede do Xulgado do Social número 1, sita na rúa Armando Durán, 1, 4º, 27071 Lugo, ao acto de conciliación ante o secretario xudicial e, en caso de non se chegar a avinza, ás 11.00 do mesmo día, ao acto de xuízo.

Prevencións legais:

1º. A falta de comparecencia do demandado, debidamente citado, non impedirá a celebración dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo, e este continuará sen necesidade de declarar a súa rebeldía (artigo 83.3 LXS).

2º. Fáiselle saber que a parte demandante indicou que acudirá ao acto do xuízo con avogado para a súa defensa e/ou representación-procurador ou graduado social para a súa representación, o que se lle comunica para os efectos oportunos.

3º. Debe asistir ao xuízo con todos os medios de proba de que se tente valer (artigo 82.3 LXS) e, no caso de que se admita a proba de interrogatorio, solicitada pola outra parte, deberá comparecer e contestar o interrogatorio ou, no caso contrario, poderán considerarse recoñecidos como certos na sentenza os feitos a que se refiren as preguntas, sempre que o interrogado tiver intervido neles persoalmente e a súa fixación como certos lle resulte prexudicial en todo ou en parte.

Conforme dispón o artigo 91.3 da LXS, o interrogatorio das persoas xurídicas practicarase con quen legalmente as represente e teña facultades para responder tal interrogatorio.

Se o representante en xuízo non tiver intervido nos feitos, deberá traer ao xuízo a persoa coñecedora directa deles. Con tal fin, a parte interesada poderá propor a persoa que deba someterse ao interrogatorio xustificando debidamente a necesidade de tal interrogatorio persoal.

Poderán, así mesmo, solicitar, polo menos con cinco días de anticipación á data do xuízo aquelas probas que teñan que practicarse nel e requiran dilixencias de citación ou requirimento (artigo 90.3 LXS).

4º. Advírteselle que a parte demandante solicitou como probas:

5º. Debe comunicar a esta oficina xudicial un domicilio para a práctica de actos de comunicación e calquera cambio de domicilio que se produza durante a substanciación deste proceso, cos apercibimentos do artigo 53.2 LXS (artigo 155.5 parágrafo 1º da LAC) e fáiselle saber que, en aplicación de tal mandado, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se for o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación.

O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas en canto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados; así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

6º. Tamén deberá comunicar, e antes da súa celebración, a existencia dalgunha causa legal que xustifique a suspensión dos actos de conciliación e/ou de xuízo a que se convoca (artigo 183 LAC).

7º. As partes poderán formalizar conciliación en evitación do proceso por medio de comparecencia ante a oficina xudicial, sen esperar á data de sinalización, así como someter a cuestión aos procedementos de mediación que puideren estar constituídos de acordo co disposto no artigo 63 desta lei, sen que iso supoña a suspensión, salvo que de común acordo o soliciten ambas as partes, xustificando a submisión á mediación e polo tempo máximo establecido no procedemento correspondente, que non poderá exceder quince días.

Lugo, dous de abril de dous mil catorce.

O secretario xudicial».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de citación ás empresas Prinsa Motor, S.L., Autotracción Bierzo, S.L. e Portillo Motor, S.L., expídese o presente edicto.

Lugo, 17 de xullo de 2014

O secretario xudicial