Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Venres, 8 de agosto de 2014 Páx. 34313

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (681/2013).

Ana María Navarro Gómez, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento 681/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Rosario Neira Romay contra a empresa Servanza, S.L., Carlos Piñeiro Silva, Sandra Piñeiro Silva, Natalia Piñeiro Silva, sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Decido estimar a demanda formulada por María Rosario Neira Romay fronte a Servanza, S.L. e, en consecuencia, declarar a improcedencia do despedimento e a extinción da relación laboral na data da presente resolución e condenar a Servanza, S.L. a aboar a indemnización por importe de 9.185,67 euros, todo iso coa responsabilidade subsidiaria do Fogasa para o suposto de insolvencia.

Tense a demandante por desistida da acción exercida fronte a Carlos Piñeiro Silva, Natalia Piñeiro Silva e Sandra Piñeiro Silva.

A presente non é firme e contra ela poderá interpoñerse recurso de suplicación no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

Así o acordo, mando e asino.

O maxistrado».

E para que sirva de notificación en legal forma a Servanza, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 15 de xullo de 2014

A secretaria xudicial