Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Venres, 8 de agosto de 2014 Páx. 34378

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilagarcía de Arousa

ANUNCIO da urbanización e remodelación do contorno da praza de España (1ª fase).

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Concello de Vilagarcía de Arousa.

Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Contratación e Patrimonio.

2. Obxecto do contrato.

Descrición: urbanización e remodelación do contorno da praza de España (1ª fase).

Lugar de execución: Vilagarcía de Arousa.

Prazo de execución: cinco (5) meses.

Código CPV: 45233252-0 (traballos de pavimentación de rúas).

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación.

Sen IVE: 247.933,88 €. IVE (21 %): 52.066,11 €. Total (IVE incluído): 299.999,99 €.

Valor estimado do contrato: 247.933,88 €.

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención de documentación e información: Concello de Vilagarcía de Arousa. Praza Ravella, 1. 36600 Vilagarcía de Arousa. Teléfono: 986 09 92 00, fax: 986 50 34 27. Páxina web: http://www.vilagarcia.es. Poderán obter documentos e información ata a data en que finaliza o prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista:

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: anexo II do prego de cláusulas administrativa particulares.

Clasificación: non se exixe.

8. Presentación de ofertas: vinte e seis (26) días naturais contados desde a publicación do último anuncio de licitación no BOP ou no DOG. Lugar: Concello de Vilagarcía de Arousa. Rexistro de Licitacións (Secretaría). Praza Ravella, 1. 36600 Vilagarcía de Arousa. Documentación: a exixida na cláusula 12 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Admisibilidade de variantes ou melloras: sí. As indicadas no anexo IX do PCAP.

9. Apertura do sobre C: entidade, lugar e enderezo: Concello de Vilagarcía de Arousa, (Praza Ravella, 1), o día fixado no anexo I do prego de cláusulas administrativas particulares, circunstancia que será comunicada aos licitadores e publicada no perfil do contratante.

10. Gastos dos anuncios: os gastos dos anuncios que xera a licitación do contrato será por conta do adxudicatario ata o límite de 2.000 €, así como os demais indicados na cláusula 21 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Vilagarcía de Arousa, 30 de xullo de 2014

Tomás Javier Fole Díaz
Alcalde