Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Venres, 8 de agosto de 2014 Páx. 34377

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Padrenda

ANUNCIO de información pública sobre a exposición pública do expediente e do proxecto de delimitación do núcleo rural de Regueiro, termo municipal de Padrenda.

Lexislación reguladora: disposición adicional 2ª da Lei 9/2002, coa redacción que a esta otorgan as leis 15/2004, 6/2008 e 2/2010, en relación co artigo 13 desta Lei 9/2002, todas de Galicia.

Atopándose en fase de tramitación o expediente arriba indicado, exponse este a información pública por un período dun mes para os efectos de que poida ser examinado polos interesados e presentar as alegacións que se estimen oportunas.

Este mesmo anuncio insírase tamén –de conformidade co previsto legalmente– nos diarios La Voz de Galicia e Faro de Vigo, así como en el Diario Oficial de Galicia, comenzando a contar el prazo antes sinalado comezará a contar a partir da última aparición publicada deste edicto.

Rematado o trámite, someterase o expediente a coñecemento do Concello pleno para a súa posterior elevación a aprobación definitiva polo secretario xeral de Urbanismo.

Padrenda, 17 de xullo de 2014

Manuel Pérez Pereira
Alcalde