Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Venres, 8 de agosto de 2014 Páx. 34376

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Fene

ANUNCIO da aprobación inicial do Plan especial de reforma interior ámbito APE-22 (PERI).

A Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria que tivo lugar o 12 de xuño de 2014, aprobou inicialmente o Plan especial de reforma interior ámbito APE-22 (PERI), redactado polo arquitecto Francisco Otero Méndez e visado polo COAG o 6 de maio de 2014 co número 1102950,7.

En cumprimento do artigo 86 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o dito expediente sométese a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da última das publicacións deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e en dous dos xornais de maior circulación da provincia, coa finalidade de que o que o desexe poida examinalo e deducir, durante o dito prazo, cantas alegacións ou observacións considere oportunas.

Así mesmo, acordouse suspender o procedemento de outorgamento de licenzas por un prazo máximo de dous anos no ámbito da APE-22, extinguíndose en todo caso coa aprobación definitiva do Plan especial de reforma interior ámbito APE-22, conforme o disposto no artigo 77.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e proteción do medio rural de Galicia.

O expediente completo pode ser examinado no departamento municipal de Urbanismo do Concello de Fene, en horario de mañá, de luns a venres.

Fene, 24 de xuño de 2014

Gumersindo Pedro Galego Feal
Alcalde