Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Luns, 11 de agosto de 2014 Páx. 34391

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ORDE do 24 de xullo de 2014 pola que se nomean os membros do Observatorio Galego de Educación Ambiental.

Con data do 4 de outubro de 2012 publícase o Decreto 193/2012, do 27 de setembro, polo que se regula o Observatorio Galego de Educación Ambiental, que derroga o Decreto 68/2006, do 30 de marzo. O citado decreto establece que a súa composición tenderá a acadar unha participación equilibrada de homes e mulleres.

O artigo 7 do Decreto 193/2012 establece que os membros titulares do Observatorio Galego de Educación Ambiental e os/as suplentes que os substituirán nos supostos de ausencia, enfermidade ou calquera outra causa lexítima que poida ser debidamente xustificada serán nomeados/as pola persoa titular da consellería competente en materia de ambiente, por proposta das organizacións, órganos e institucións relacionados no artigo 4.

Na súa virtude, facendo uso das facultades conferidas polo artigo 7 do Decreto 193/2012, do 27 de setembro,

DISPOÑO:

Designar os compoñentes do Observatorio Galego de Educación Ambiental que se expoñen a continuación:

2. Vicepresidencia: a persoa titular da dirección do Instituto de Estudos do Territorio.

Titular: Manuel Borobio Sanchiz, director do Instituto de Estudos do Territorio

Suplente: Alfredo Fernández Ríos, director do Departamento Técnico de Estudos do Instituto de Estudos do Territorio.

3. Vogais: vistas as propostas dos organismos, institucións e organizacións desígnanse os vogais que se relacionan a continuación:

a) Un/unha vogal designado/a polo centro directivo competente en materia de calidade e avaliación ambiental.

Titular: Justo de Benito Basanta (secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental).

Suplente: Mª José Echevarría Moreno (subdirectora xeral de Coordinación Ambiental).

b) Un/unha vogal designado/a polo centro directivo competente en materia de educación, formación profesional e innovación educativa (actualmente o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia).

Titular: Carlos Vales Vázquez (director do CEIDA).

Suplente: Araceli Serantes Pazos (profesora de Educación Ambiental da Universidade da Coruña).

c) Un/unha vogal designado/a polo centro directivo competente en materia de conservación da natureza.

Titular: Ana Quiroga Rodríguez (socióloga da Dirección Xeral de Conservación da Natureza).

Suplente: Araceli Hidalgo Cortijo (xefa da Sección de Espazos Naturais e Biodiversidade).

d) Un/unha vogal designado/a polo centro directivo competente en materia de augas de Galicia.

Titular: Gonzalo Mosqueira Martínez (director de Augas de Galicia).

Suplente: Roberto Arias Sánchez (subdirector xeral de Xestión do Dominio Público Hidráulico).

e) Un/unha vogal designado/a polo centro directivo competente en materia de divulgación e formación ambiental de Galicia.

Titular: Manuel Vila López (subdirector xeral de Ordenación e Innovación Educativa e Formación do Profesorado).

Suplente: Mª Dolores Rego Balsa (xefa do Servizo de Formación do Profesorado).

f) Un/unha vogal designado/a pola Sociedade Galega de Educación Ambiental.

Titular: Lucía Iglesias da Cunha.

Suplente: Xoan Manuel Pousa Lucio.

g) Un/unha vogal designado/a pola Federación Ecoloxista Galega.

Titular: Begoña Balsa Alonso.

Suplente: Camilo Ojea Bouza.

h) Un/unha vogal designado/a pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia.

Titular: Ramsés Pérez Rodríguez.

Suplente: Lucía Parente Romero.

i) Cinco expertos/as de recoñecido prestixio no campo da educación ambiental, propostos/as pola Presidencia.

José Antonio Fernández Bouzas (director do Parque Nacional das Illas Atlánticas).

Verónica Tellado Barcia (directora xeral de Conservación da Natureza).

Dolores Rodríguez Rodríguez (directora do albergue ecoturístico Casa Alvarella).

Xoan Fontaíña Pérez (xerente da Cooperativa de Educación Medio Ambiental).

Uxío Otero Urtaza (coordinador do máster en Dirección de Actividades Educativas na Natureza. Departamento de Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social da Universidade de Santiago de Compostela).

Secretaría:

Titular: Carmen Borobio Vázquez (administrativa do CEIDA).

Suplente: Ana Belén Pardo Cereijo (documentalista do CEIDA).

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2014

Ethel Mª Vázquez Mourelle
Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas