Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Luns, 11 de agosto de 2014 Páx. 34394

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ORDE do 28 de xullo de 2014 pola que se nomean vogais do Consello Reitor do organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio.

O Decreto 244/2011, do 29 de decembro, polo que se aproban os estatutos do organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio, establece que o Consello Reitor é o órgano colexiado de goberno do Instituto de Estudos do Territorio e está integrado pola Presidencia, a Vicepresidencia, sete vogais e unha secretaría.

O artigo 19 dos estatutos dispón que, entre outros, son vogais do Consello Reitor tres representantes da consellería competente en materia de ambiente, ordenación do territorio e urbanismo, designados/as pola persoa titular daquela consellería, de entre os seus órganos superiores ou de dirección.

En cumprimento do dito precepto, por Orde do 25 de xaneiro de 2012 nomeáronse vogais titulares do Consello Reitor do Instituto de Estudos do Territorioa as persoas titulares da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, da Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas e de Augas de Galicia.

Os cambios producidos nos titulares da Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas e da Dirección de Augas de Galicia, fan necesaria unha nova designación de vogais no Consello Reitor do Instituto de Estudos do Territorio, en substitución dos anteriores.

Por todo isto, consonte as atribucións que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

1. Deixar sen efecto os nomeamentos, como vogais titulares do Consello Reitor do organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio, dos titulares da Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas e de Augas de Galicia, efectuados pola Orde do 25 de xaneiro de 2012.

2. Nomear vogais titulares do Consello Reitor do organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio, en representación da consellería con competencias en materia de ambiente, territorio e infraestruturas, as seguintes persoas:

– Francisco Menéndez Iglesias, director da Axencia Galega de Infraestruturas.

– Gonzalo Mosqueira Martínez, director de Augas de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2014

Ethel Mª Vázquez Mourelle
Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas