Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Luns, 11 de agosto de 2014 Páx. 34562

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2014, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Ourense (expediente IN407A 2014/9-3).

Visto o expediente para outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción da instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle.

Denominación: LMT, CT río Limia, 17.

Situación: Ourense.

Características técnicas:

– LMT subterránea a 20 kV de 32 m, condutor RHZ-12/20 kV 3×240 Al e orixe na MT existente ao CT río Búbal (32SFSo) e remate na LMT existente ao CT Guizamonde 1 (32CB33).

– CT proxectado non prefabricado río Limia, 17 de 400 kVA e R/T 20.000/400-230 V.

Orzamento: 30.429,83 euros.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización previa e a autorización administrativa de construción á dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente. Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo conoutras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución. Tamén poderá interpoñer calquer outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito.

Ourense, 17 de xullo de 2014

Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense