Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Luns, 11 de agosto de 2014 Páx. 34564

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

EDICTO do 24 de xullo de 2014, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se resolve o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Ampliación do monte Armada, a favor dos veciños da parroquia de Correxais (San Pedro), no concello de Vilamartín de Valdeorras.

En cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 60.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión que tivo lugar no 9 de xullo de 2014, adoptou a seguinte resolución:

«Examinado o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Ampliación do monte Armada, a favor dos veciños da parroquia de Correxais (San Pedro) no concello de Vilamartín de Valdeorras, resultan os seguintes feitos:

Primeiro. Con data do 14 de novembro de 2011 tivo entrada no rexistro da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural un escrito dirixido ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pedro López Trincado, como presidente do monte veciñal en man común Armada, no cal solicita a clasificación como veciñal en man común do monte de varias parcelas denominadas Ampliación do monte Armada.

Segundo. Con data do 10 de abril de 2014, o Xurado Provincial acorda iniciar o expediente de clasificación do referido monte, e designa instrutor e realiza as comunicacións e publicacións a que fan referencia os artigos 20, 21 e 23 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, abrindo un período dun mes para a práctica de alegacións.

Terceiro. No prazo concedido para a práctica de alegacións non consta que se presentase ningunha.

Cuarto. O monte obxecto de clasificación, de acordo coa documentación que consta no expediente, descríbese así:

Concello: Vilamartín de Valdeorras.

Denominación do monte: Ampliación do monte Armada.

Comunidade veciñal solicitante: veciños da parroquia de Correxais (San Pedro).

Superficie total: 46,1148 ha.

A ampliación consta de dúas parcelas que se denominarán parcela leste e parcela oeste, segundo a seguinte descrición:

Parcela oeste. Parcela 263 do polígono 7 do concello de Vilamartín de Valdeorras,
cunha superficie para clasificar de 79.683 m2.

Estremas:

Norte (enumeradas de oeste a leste). Polígono 4 parcela 9002 (vía de dominio público do Concello), polígono 3 parcela 9004.

Leste. Polígono 7 parcela 9001.

Sur (enumeradas de leste a oeste). Polígono 7 parcelas 1 (Ángel Real Delgado), 2 (Celia Fernández Vega), 3 (Agustín López Rodríguez), 4 (Alfonso Núñez Vega), 5 (Coral Vega Gallego), 273 (José Roca López) e 9002.

Oeste (enumeradas de sur a norte). Polígono 7, parcelas 185 (Josefa García Núñez), 173 (Teresa Vega García), 172 (descoñecido), 171 (Justa Real Vega), 170 (Joaquín Fernández Vega), 259 (Julia García Vicente), 169 (Jesús Delgado García), 261 (descoñecido), 168 (Belarmino Vicente López), 166 (Ricardo Núñez Gudiña) e 165 (Pedro Vicente Álvarez).

Encravados. A parcela presenta dous encravados no seu interior. O situado máis ao norte que se corresponde coa parcela de referencia catastral 002002000PG59F0001DU (uso residencial, Manuel Roca López), e o situado máis ao sur, que está constituído polas parcelas catastrais números 159 (Agenor Fernández Delgado), 160 (Antolín Vicente López), 161 (Antolín Vicente López), 162 (Carmen Fernández Casal), 163 (Delia Fernández Calvo) e 164 do polígono 7.

Parcela leste:

Formada polas seguintes parcelas:

Polígono 6, parcelas 662 (125.139 m2 de superficie a clasificar), 663 (197.426 m2 de superficie para clasificar) e 664 (parte) (58.900 m2 de superficie para clasificar), cunha superficie total para clasificar de 381.465 m2.

Estremas:

Norte. Polígono 6 parcela catastral 9001 do concello de Vilamartín de Valdeorras (vía de dominio público do Concello).

Leste (enumeradas de norte a sur). Límite de termos municipais entre os concellos de Vilamartín de Valdeorras e O Barco de Valdeorras, parcela catastral número 954 do polígono 48 (propietario descoñecido) e parcela catastral número 513 do polígono 49 (propietario descoñecido) ambas do concello do Barco de Valdeorras.

Sur. Parte da parcela catastral número 664 do polígono 6 do concello de Vilamartín de Valdeorras (monte veciñal en man común denominado Armada, pertencente á parroquia de Correxais (San Pedro).

Oeste (enumeradas de sur a norte). Polígono 6 parcelas catastrais 356 (Agustín Alfonso Fernández Fernández), 357 (José Calvo), 359 (José Roca López), 360 (Sofía Roca Calvo), 362 (Herminio Paradelo Fernández), 363 (Bernardo Roca García), 698 (Bernardo Roca García), 364 (Marina Núñez Calvo), 683 (Francisca Rodríguez Carracedo), 372 (Arturo López Delgado), 373 (Graciano Vega Fernández), 374 (Antolín Gudiña Vega), 375 (Graciano Vega Fernández), 376 (Petra Macía Macía), 377 (Manuela García Núñez), 378 (Felisa Gudiña Rodríguez), 648 (María Teresa Fernández Real), 630 (Zoila Dacal López), 627 (Josefa García Núñez), 629 (Milagros Real Alonso), 620 (Joaquina García Nogueira), 621 (Salvador Vega López), 558 (Basilia Carracedo Núñez), 557 (José Calvo), 559 (Sofía Milagros Fernández Rodríguez), 617 (Emilio Vega Paradelo), 619 (Antonio López Ojea), 615 (Sofía Ojea Ramos), 614 (Jaime Ojea Ramos), 613 (Jovita Rodríguez Campos), 612 (Serafín González Rodríguez), 611 (Alfonso Ojea), 610 (Antonio Rodríguez Gudiña), 609 (Amadeo Rodríguez Sánchez), 608 (Adel Vega Paradelo), 607 (herdeiros de Rosa Rodríguez Gudiña), 603 (María Pérez Rodríguez), 601 (Flaminio Ojea), 600 (Maximino Pérez), 599 (Felisa Gudiña Rodríguez), 597 (Anuncia Gudiña López), 596 (Agenor Fernández González), 595 (Jesús Delgado García), 592 (Clemente Sierra Brasa), 591 (Josefa García Núñez), 590 (Julia García Vicente), 497 (Amanda Gudiña Fernández), 499 (Jesús Delgado García), 496 (Amanda Gudiña Fernández), 495 (Graciano Vega Fernández), 494 (María Teresa Fernández Real), 500 (Justa Real Vega) e 9001 (vía de dominio público do Concello), todas do concello de Vilamartín de Valdeorras.

Encravados. A parcela non presenta encravados no seu interior.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O xurado provincial de clasificación de montes veciñais en man común é o órgano competente para coñecer os expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter, de acordo co establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Segundo. De conformidade co disposto no artigo 1 da devandita lei “son montes veciñais en man común... os que, con independencia da súa orixe, as súas posibilidades produtivas, o seu aproveitamento actual e a súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e se veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade sen asignación de cotas polos membros daquelas na súa condición de veciños”.

Terceiro. É reiterada doutrina da Sala Contencioso-Administrativa do Tribunal Supremo que son dúas as notas características dos montes veciñais en man común: unha, o aproveitamento consuetudinario en man común, e outra, a atribución da titularidade dese aproveitamento aos veciños integrantes dun grupo social determinado, independentemente da súa cualificación ou non como entidade administrativa; correspondendo constatar o aproveitamento e atribuír a titularidade a favor do grupo social que o veña gozando ao xurado provincial de clasificación.

Cuarto. O carácter de monte veciñal en man común tense acreditado mediante as testemuñas dos veciños solicitantes, as actuacións realizadas polo Servizo de Montes, e a documentación que consta no expediente.

En consecuencia co que antecede, examinada a Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o seu regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, o Decreto 46/2012, do 19 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e do Mar, e demais normativa legal e regulamentaria, o xurado provincial, por unanimidade dos seus membros,

Resolve:

Clasificar como monte veciñal en man común o monte denominado Ampliación do monte Armada, a favor dos veciños da parroquia de Correxais (San Pedro) no concello de Vilamartín de Valdeorras, de acordo coa descrición realizada no feito cuarto.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 12 da citada Lei 13/1989, nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa».

Ourense, 24 de xullo de 2014

Yago Borrajo Sánchez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Ourense