Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Martes, 12 de agosto de 2014 Páx. 34627

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 1 de agosto de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se dá publicidade a unha encomenda de xestión á empresa Tecnoloxías e Servizos Agrarios (Tragsatec) subscrita no exercicio 2014.

1. Encomenda de xestión relativa ao servizo técnico cualificado para o control, xestión e análise de proxectos e actividades relacionados cos procedementos de avaliación ambiental e coa autorización ambiental integrada, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun máximo dun 80 % no marco do programa operativo Feder 2007-2013. Tema prioritario 3.48.

– Actividade. Apoio técnico cualificado á parte das funcións desenvoltas pola Subdirección Xeral de Avaliación Ambiental, nos ámbitos da avaliación ambiental estratéxica, da avaliación de impacto ambiental e da autorización ambiental integrada.

– Natureza e alcance da xestión encomendada. Esta encomenda ten natureza intersubxectiva, ao ter Tragsatec a consideración de medio instrumental da Administración, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo quinta do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia. O período de execución comeza o 2 de xaneiro de 2014 e rematará o 31 de decembro de 2014.

– Modalidade de financiamento. Esta encomenda finánciase con fondos propios. Non obstante, o gasto é potencialmente elixible e susceptible de ser financiado, nun máximo dun 80 %, a través Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, encadrándose no tema prioritario 3.48-Prevención e control integrados da contaminación.

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2014

P.D. (Orde 15.3.2012)
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas