Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Martes, 12 de agosto de 2014 Páx. 34625

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ORDE do 31 de xullo de 2014 de aprobación definitiva do Plan xeral de ordenación municipal de Petín (Ourense).

O Concello de Petín remite novamente o Plan xeral de ordenación municipal, en solicitude da súa aprobación definitiva, conforme o establecido no artigo 85.7 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Logo de analizar o expediente administrativo e os documentos que integran o PXOM de Petín e vista a proposta literal que nesta mesma data eleva a Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, resulta:

I. Antecedentes:

I.1. Mediante Orde do 20.6.2014, a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas acordou, de conformidade co artigo 85.7. b) da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, non outorgar a aprobación definitiva ao Plan xeral de ordenación municipal de Petín ata que o Concello realizase as actuacións precisas para emendar as deficiencias sinaladas no corpo da propia orde e remitise á consellería o documento corrixido correspondente.

I.2. O Pleno do Concello de Petín aprobou o 11.7.2014 as modificacións introducidas no Plan xeral de ordenación municipal.

II. Análise e consideracións.

Estudado o documento aprobado provisionalmente polo Concello Pleno en sesión do 11.7.2014, comprobouse que dá estrito cumprimento ás observacións formuladas na anterior Orde da CMATI do 20 de xuño de 2014.

De conformidade co artigo 89 da LOUG e o artigo 3 do Decreto 83/2009, do 21 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia, a competencia para resolver sobre a aprobación definitiva dos plans xerais de ordenación municipal corresponde ao conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

III. Resolución.

En consecuencia, e de conformidade co establecido no artigo 85.7.a) da LOUG,

RESOLVO:

1. Aprobar definitivamente o Plan xeral de ordenación municipal de Petín.

2. Contra esta orde cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo dispoñen os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

3. De conformidade co disposto polos artigos 92 da Lei 9/2002, e 70 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, o Concello deberá publicar no Boletín Oficial da provincia a normativa e ordenanzas do plan aprobado definitivamente.

4. Notifíquese esta orde ao Concello e publíquese no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 31 de xullo de 2014

Ethel Mª Vázquez Mourelle
Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas