Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Martes, 12 de agosto de 2014 Páx. 34622

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 30 de xullo de 2014 pola que se modifica a composición do Consello Social das universidades de Santiago de Compostela e Vigo e se renova o nomeamento dun membro no Consello Social da Universidade de Vigo.

Mediante Orde do 18 de setembro de 2012 (DOG do 27 de setembro), fíxose pública a composición dos consellos sociais das universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo.

A Lei 6/2013, do 13 de xuño, do Sistema universitario de Galicia, establece que o Consello Social estará integrado por un máximo de trinta e unha persoas membros.

O artigo 77.2 da citada Lei 6/2013 establece que son membros natos do Consello Social o/a reitor/a da universidade, o/a secretario/a xeral e o/a xerente da universidade. Así mesmo, serán membros do Consello Social un profesor ou unha profesora, un ou unha estudante e un ou unha representante do persoal da administración de servizos, elixidos/as polo consello de goberno das universidades. A duración do mandato dos membros do Consello Social sinalados neste punto será establecida polos estatutos da universidade.

A condición de persoa membro do Consello Social adquírese unha vez cumpridos os requisitos de designación, nomeamento e publicación no Diario Oficial de Galicia, e produce efectos a partir desa data.

En consonancia co antedito, o Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela remite escrito do reitor relativo ao nomeamento e toma de posesión o 9 de xuño de 2014 de María Consuelo Ferreiro Regueiro como secretaria xeral da dita universidade, en substitución de Lourdes Noya Ferreiro, e a resolución reitoral do nomeamento de José Manuel Villanueva Prieto como xerente da universidade en substitución de María Lourdes Batán Aira.

Con data do 18 de xullo de 2014, o presidente do Consello Social da Universidade de Vigo achega copia do escrito da secretaria xeral da universidade en que se comunica que o Consello de Goberno, na sesión do 4 de xullo de 2014, designou a Hadrián Fernández Alvarado en representación do estudantado, ante o Consello Social da Universidade de Vigo en substitución de Estevo Sánchez Gálvez.

O Regulamento de réxime interno do Consello de Goberno da Universidade de Vigo aprobado o 27 de xaneiro de 2004, e modificado o 27 de xullo de 2007 e o 18 de xaneiro de 2011, regula no seu artigo 24.3 que «a renovación dos membros do Consello Social levarase a cabo cada catro anos». De acordo co anterior, na sesión do Consello de Goberno do día 4 de xullo de 2014 renovouse no seu cargo a Carlos Mollinedo Lois, en representación do persoal de administración e servizos (PAS).

De acordo co establecido no artigo 78 da citada Lei 6/2013, do 13 de xuño, xúntase declaración xurada de compatibilidade de cada un dos novos membros nos seus respectivos consellos sociais.

O artigo 77.4 da Lei 6/2013, do 13 de xuño, establece que os acordos de designación de membros do Consello Social lle serán comunicados á persoa titular da consellería competente en materia de universidades, quen procederá ao seu nomeamento mediante orde da súa consellería.

Por todo iso,

DISPOÑO:

Artigo 1

Nomear como membro nato do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela a María Consuelo Ferreiro Regueiro, secretaria xeral da Universidade de Santiago de Compostela, en substitución de Lourdes Noya Ferreiro.

Artigo 2

Nomear como membro nato do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela a José Manuel Villanueva Prieto, xerente da Universidade de Santiago de Compostela, en substitución de María Lourdes Batán Aira.

Artigo 3

Nomear a Hadrián Fernández Alvarado, designado polo Consello de Goberno da Universidade de Vigo en representación dos estudantes, no Consello Social da Universidade de Vigo, en substitución de Estevo Sánchez Gálvez.

Artigo 4

Dar continuidade ao nomeamento de Carlos Mollinedo Lois, renovado polo Consello de Goberno da Universidade de Vigo, en representación do persoal de administración e servizos (PAS).

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2014

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria