Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Martes, 12 de agosto de 2014 Páx. 34630

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 31 de xullo de 2014 pola que se conceden axudas para financiar actividades das confederacións e federacións de pais de alumnos e das asociacións de pais de alumnos de centros de educación especial para o ano 2014.

Por Orde do 4 de abril de 2014 (DOG do 15 de abril), a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convocou axudas para financiar actividades das Confederacións e federacións de pais de alumnos e das asociacións de pais de alumnos de centros de educación especial para o ano 2014.

Reunida a comisión prevista no punto oitavo da citada orde, de acordo coa proposta formulada por esla e de conformidade co punto décimo da orde de referencia,

RESOLVO:

Primeiro. Concederlles as axudas, nas contías que se sinalan, ás confederacións, federacións de pais de alumnos e ás asociacións de pais de alumnos de centros de educación especial relacionadas no anexo I desta orde.

Segundo. Desestimar as solicitudes presentadas polas asociacións de pais de alumnos de centros que se relacionan no anexo II a esta orde, polas causas que se indican.

Terceiro. Para facer efectivo o pagamento das axudas, os beneficiarios presentarán na Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, Subdirección Xeral de Centros, Servizo de Xestión de Programas Educativos, antes do día 31 de outubro de 2014 a seguinte documentación:

a) A xustificación dos gastos realizados, mediante orixinais ou copias compulsadas de facturas, nóminas e outros documentos e a acreditación do seu pagamento. Non se admiten recibos como xustificación dos gastos.

b) Unha declaración actualizada do anexo II publicado na Orde do 4 de abril de 2014 (DOG do 15 de abril), pola que se convocan as axudas para o ano 2014.

Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia, perante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, segundo o disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), ou ben poderán presentar directamente recurso contencioso-administrativo, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación, conforme se establece na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE do 14 de xullo).

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2014

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

CIF

Confederación/Federación/APA CEE

Concello

Importe (€)

G15115165

Confapa (Confederación Galega APAS centros públicos)

A Coruña

6.676,53

G15098114

Congapa (Confederación Galega de APAS)

A Coruña

5.932,53

G70416557

Confederación ANPAS galegas

Santiago de Compostela

7.724,53

G15042617

Federación Provincial APAS centros públicos

A Coruña

4.036,00

G27019140

Fapacel (Federación Provincial APAS centros públicos Lugo)

Lugo

2.356,00

G27043389

Fapalugo (Federación APAS provincia Lugo)

Lugo

1.096,00

G32009037

Federación provincial APAS centros públicos As Burgas

Ourense

2.510,00

G36020311

Fanpa (Federación provincial ANPA centros públicos)

Pontevedra

3.308,00

G70366588

Federación centros públicos A Costa da Morte

A Laracha

1.064,00

G70222195

Federación centros públicos Compostela

Santiago de Compostela

938,00

G15062839

Fecapa (Federación Central de APAS)

Santiago de Compostela

1.330,00

G36581841

Federación Estradense

A Estrada

826,00

V36358497

Federación O Con

Sanxenxo 

882,00

G36743946

Federación Olívica Foanpas de Vigo

Vigo

1.638,00

G36959658

Federación APAS do Suroeste Surgapa

Vigo

868,00

V15869431

Apace Aspanaes Castro Elviña

A Coruña

700,00

G15984990

APA Cee Nosa. Sra. do Rosario

A Coruña

700,00

G70313804

ANPA Cee María Mariño

A Coruña

700,00

G15412026

APA Cee Terra de Ferrol

Ferrol

700,00

G15747678

ANPA Cee Amicos

Ribeira

700,00

G15874290

Apadul APAS Duques de Lugo Aspanaes

Santiago de Compostela

700,00

G27159425

ANPA Cee Santa María

Lugo

700,00

G32411084

ANPA Cee Ilustre Mestre

Ourense

700,00

V36130169

APA Joaquina Otero Cee S. Xerónimo Emiliani

A Guarda

700,00

G36753895

APA La Ilusión del Valle Miñor Cee Juan María

Nigrán

700,00

G36630614

APA Cee Menela

Nigrán

700,00

G36152262

APA Cee Santísimo Cristo del Amor-Aceesca

O Porriño

700,00

G36812063

APA Cee Saladino Cortizo

Vigo

700,00

G36682102

APA Cee San Rafael

Vigo

700,00

G36131027

APA Cee Marxión

Vilagarcía de Arousa

700,00

G36024941

APA Cee Os Mecos

Vilanova de Arousa

700,00

ANEXO II

CIF

Confederación/Federación/APA CEE

Concello

Causas da desestimación

G36180768

APA Cee Juan XXIII

Pontevedra

Solicitude presentada fóra de prazo

G27363910

Asociación Asistencia Discapacitados Virxe do Carme

Foz

Non está rexistrada como ANPA dun Cee

Solicitude presentada fóra de prazo