Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Martes, 12 de agosto de 2014 Páx. 34633

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 31 de xullo de 2014 pola que se autoriza a apertura e funcionamento do centro privado Formega, do concello de Ferrol.

O representante da titularidade do centro privado Formega, do concello de Ferrol, solicita a súa apertura e funcionamento para impartir o ciclo formativo de grao medio (CM) Soldadura e Caldeiraría, o ciclo formativo de grao superior (CS) Construcións Metálicas e o CS Educación e Control Ambiental.

Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Primeiro. Autorizar a apertura e funcionamento do centro privado Formega, do concello de Ferrol. Os datos do centro que se autoriza son os que se sinalan a continuación:

Denominación xenérica: centro privado.

Denominación específica: Formega.

Código do centro: 15032881.

Domicilio: polígono da Gándara, parc. 15-16.

Código postal: 15570.

Localidade: Ferrol.

Concello: Ferrol.

Provincia: A Coruña.

Titular: Fundación Galega do Metal para a Formación, Cualificación e Emprego.

Ensinanzas que se autorizan:

• 1 CM Soldadura e Caldeiraría (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Construcións Metálicas (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

• 1 CS Educación e Control Ambiental (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).

Segundo. Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no devandito centro, así como o equipamento axeitado.

Terceiro. Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Cuarto. O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2014

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria