Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Mércores, 13 de agosto de 2014 Páx. 35027

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Barbadás

ANUNCIO de aprobación inicial do expediente de agregación-segregación entre os termos municipais de Ourense e Barbadás.

O Pleno da Corporación, na sesión do día 9 de xuño de 2014, aprobou inicialmente o expediente de alteración do termo municipal consistente na agregación-segregación entre os termos municipais de Ourense e Barbadás, de conformidade co establecido na Lei 5/1997, de Administración local de Galicia; polo que se somete a exposición pública polo prazo de 30 días, para efectos de alegación polos veciños.

A documentación poderá ser examinada nas oficinas municipais do concello de Barbadás no departamento de urbanismo.

Barbadás, 7 de xullo de 2014

José Manuel Freire Couto
Alcalde