Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Mércores, 13 de agosto de 2014 Páx. 35028

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO da aprobación das bases e convocatoria para a provisión, polo procedemento de libre designación, do posto de asesor xurídico.

Mediante Acordo da Xunta de Goberno Local, do 5 de agosto de 2014, aprobouse e ratificouse o 7 de agosto a convocatoria para a provisión do posto de traballo de asesor xurídico do Concello de Ourense, mediante o procedemento de libre designación, de acordo coas seguintes bases:

Primeira. Características do posto: asesor xurídico do Concello de Ourense (posto de carácter directivo de acordo cos artigos 129 e 130 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local).

Subgrupo A1.

Nivel de complemento de destino: 30.

Complemento específico: 40.183 €/anuais.

Segunda. Poderán concorrer os/as funcionarios/as que reúnan as condicións seguintes:

a) Estar en posesión do título de licenciado en Dereito.

b) Ter a condición de funcionario da Administración local con habilitación de carácter nacional, ou ben funcionario de carrera do Estado, das comunidades autónomas ou das entidades locais, aos cales se exixa para o seu ingreso o título de douctor, licenciado, enxeñeiro, arquitecto ou equivalente.

Terceira. As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Ourense ou nas oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de quince días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

Cuarta. Os/as aspirantes deberán xuntar á petición un curriculum vitae e xustificar, mediante certificación ou copia compulsada, os méritos que aleguen.

Os méritos alegados e non probados da maneira que se sinala no punto anterior non se terán en conta.

Quinta. Requirirase o informe favorable do departamento onde preste servizos a persoa que resulte seleccionada, considerándose favorable de non se emitir no prazo de quince días segundo o disposto no artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo.

Sexta. A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia e pode declararse deserta se se considera oportuno.

Sétima. O prazo para tomar posesión será de tres días hábiles se non implica cambio de residencia ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia.

O prazo de toma de posesión empezará a contarse a partir do día seguinte ao do cesamento, que se deberá efectuar o día seguinte ao da publicación do acordo de nomeamento no Diario Oficial de Galicia.

Cando os/as adxudicatarios/as dos postos obteñan coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte días hábiles.

Oitava. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante a Xunta de Goberno Local, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderán impugnala directamente, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Ourense, 7 de agosto de 2014

(Por delegación da Xunta de Goberno Local do 1 de agosto de 2013)
Áurea Elena Soto Vázquez
Concelleira delegada