Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Martes, 19 de agosto de 2014 Páx. 35817

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 1 de agosto de 2014, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos da Asociación Galega de Editores.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que na oficina pública de depósito dos estatutos de organizacións empresariais e sindicais da Consellería de Traballo e Benestar se presentou certificación da acta da asemblea xeral extraordinaria, onde se reflicte o acordo acadado o 26 de maio de 2014 e que consiste na modificación dos estatutos da dita asociación.

– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

– Ámbito profesional: persoas físicas ou xurídicas de carácter privado cuxa actividade principal sexa a edición de libros e que cumpran os requisitos establecidos no artigo 5 dos estatutos.

– Asinantes: Manuel Bragado Rodríguez (presidente) e Laura Rodríguez Herrera (secretaria).

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2014

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Traballo e Economía Social