Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Martes, 19 de agosto de 2014 Páx. 35816

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 1 de agosto de 2014, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se fai público o depósito da modificación dos estatutos da Asociación Gallega de Grandes y Medianas Empresas de Alquiler y Lavado de Ropa.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que na oficina pública de depósito dos estatutos de organizacións empresariais e sindicais da Consellería de Traballo e Benestar se presentou certificación da acta da asemblea xeral extraordinaria onde se reflicte o acordo acadado o 1 de abril de 2014 e que consiste na modificación dos estatutos da dita asociación.

– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

– Ambito profesional: todas aquelas persoas xurídicas cuxo obxeto social sexa o alugamento e lavado de roupa e que presten e teñan o seu domicilio social en calquera das provincias da Comunidade Autónoma galega.

– Asinantes: Rafael Pichel Jallas (presidente) e Juan Carlos Piñeiro Gandarela (secretario).

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2014

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Traballo e Economía Social