Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Martes, 19 de agosto de 2014 Páx. 35801

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (340/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 340/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Teresa Castro Castro contra Leaseplan Servicios, S.A., Fidecar Santiago, S.L., Funciona Traslada, S.L., Mecamadrid, S.L., Logística Marmara, S.L., se ditou a seguinte resolución:

O anterior escrito presentado pola parte demandante únase e á vista do seu contido confírase traslado á parte demandada co fin de que no prazo de 10 días manifeste a súa conformidade ou desconformidade coa desistencia, facéndolle saber que, en caso de non realizar alegacións, se entenderá conforme con esta.

Suspéndense os actos de conciliación e xuízo previstos para o día 23 de xaneiro de 2013.

E para que lle sirva de notificación en legal forma ás codemandadas Fidecar Santiago, S.L. e Logística Marmara, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2014

A secretaria xudicial