Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Mércores, 20 de agosto de 2014 Páx. 35934

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización e aprobación do proxecto de execución e de inclusión no réxime especial de produción de enerxía eléctrica do proxecto de execución da ampliación de caudal para a minicentral hidroeléctrica Planta da Treita (expediente IN408A 2005/09 5592 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, Real decreto 3275/1982, do 12 de novembro, sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en centrais eléctricas, subestacións e centros de transformación, e no Real decreto 661/2007, do 25 de maio, que regula a actividade de produción de enerxía eléctrica en réxime especial, sométese a información pública a petición da autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución citado, así como a inclusión no réxime especial de producción de enerxía eléctrica, da instalación a que aquel se refire e que se describe a seguir:

Peticionario: Hidroeléctrica da Treita, S.L.

Domicilio social: c/ Riocabo, nº 15, 27458 Meira (Lugo).

Situación do aproveitamento: concello de Meira (Lugo).

Características técnicas principais das infraestruturas de xeración, transformación e interconexión:

• 1 turbina Francis de eixo horizontal, para un caudal nominal de 100 l/s y 40 CV de potencia.

• 1 xerador asíncrono trifásico de 250 kW de potencia nominal, 758 rpm e 220/3.800 V de tensión de xeración.

• 1 centro de transformación de 400 KVA de potencia nominal e relación de transformación 0,38/20 kV.

• LMT aérea de interconexión a 20 kV de 368 m de lonxitude sobre apoios de celosía en condutor LA-30.

• Os correspondentes equipamentos de control, seccionamento, manobra, medida e protección.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, con enderezo na rolda da Muralla nº 70, 27071 Lugo, no prazo de 20 días a partir da publicación.

Así mesmo, e no mencionado prazo, poderá examinarse o proxecto de referencia nesta xefatura territorial e no Concello de Meira (Lugo).

Lugo, 3 de xuño de 2014

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo