Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Martes, 26 de agosto de 2014 Páx. 36468

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de recollida e traslado de roupa sucia e limpa entre o Hospital Montecelo e a lavandaría do Hospital do Meixoeiro en Vigo (expediente AB-EIP1-14-009).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde (Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés).

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Número de expediente: AB-EIP1-14-009.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: administrativo de servizos.

b) Descrición: servizo de recollida e traslado de roupa sucia e limpa entre o Hospital Montecelo, centro dependente da Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, e a lavandaría do Hospital do Meixoeiro en Vigo.

c) Lote: único.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 60100000-9; 98311000-6.

e) Medio de publicación do anuncio da licitación: DOG.

f) Data da publicación do anuncio de licitación: 15.4.2014.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 155.371,91 euros.

5. Orzamento base da licitación:

a) Importe neto: 69.917,36 euros.

b) Importe total: 84.600 euros.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 17 de xuño de 2014.

b) Data de formalización do contrato: 30 de xuño de 2014.

c) Contratista: Frutería Las Delicias, S.L. (CIF: B15400930).

d) Importe ou canon de adxudicación:

• Importe neto: 66.240 euros.

• Importe total : 80.150,40 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa.

Pontevedra, 24 de xullo de 2014

P.D. (Artigo 5 da Orde 5.7.2012)
José Manuel González Álvarez
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés