Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Martes, 26 de agosto de 2014 Páx. 36467

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 30 de xullo de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se lle notifica á persoa interesada a resolución sobre denegación da cualificación definitiva de vivenda de protección autonómica para venda, correspondente ao expediente P-VX-0017/07.

De conformidade cos artigos 58, 59 e 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro, despois de que se intentase en dúas ocasións a notificación persoal no último domicilio coñecido, notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo a resolución sobre denegación da cualificación definitiva de vivenda de protección autonómica para venda.

Pontevedra, 30 de xullo de 2014

José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Expediente: P-VX-0017/07.

Nome: Francisco Javier Gómez Chazo (Promociones Erlana, S.L.).

Enderezo: polígono industrial de Tremoedo, parcela 310, vía 5, 36628 Vilanova de Arousa.

Asunto: resolución sobre denegación da cualificación definitiva.