Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Martes, 26 de agosto de 2014 Páx. 36466

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 12 de agosto de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, sobre o inicio do procedemento de deslindamento con predios particulares da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Vilacova, do concello de Salvaterra de Miño.

Unha vez que se emitiu informe favorable da proposta de deslinde con predios particulares presentada pola Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Vilacova, concello de Salvaterra do Miño, e de acordo co disposto no artigo 54.1 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, sobre o procedemento de deslinde de montes veciñais con propiedades particulares, acórdase sinalar a data do sábado 4 de outubro, ás 9.00 horas, para o comezo das operacións de apeo, que comezarán no punto denominado Coto de Outeiro Longo, no límite co monte de Taboexa.

Emprázanse os lindeiros e as persoas que acrediten un interese lexítimo para que asistan ao mencionado acto.

Ábrese un prazo dun mes, a partir do día seguinte ao desta publicación, para que os que se conceptúen con dereito á propiedade do monte ou de parte del e os lindeiros que desexen comparecer, para presentar alegacións e os títulos que acrediten a propiedade nas dependencias do Centro Cultural Outeiro, s/n, 36868 Salvaterra de Miño.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Pontevedra, 12 de agosto de 2014

Miguel Ángel Pérez Dubois
Xefe territorial de Pontevedra