Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Martes, 26 de agosto de 2014 Páx. 36478

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de contratación de servizos de promoción turística.

1. Entidade que adxudica. Organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Turismo. Número de expediente: 5238-104.

2. Obxecto do contrato. Descrición: promoción turística de Vigo en novos mercados turísticos, nacionais e internacionais, para atraer turistas procedentes de novos mercados mediante conectitividade aérea directa destes con Vigo.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo de execución: 39 meses.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: 3.554.000 euros.

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil de contratante). Teléfono: 986 81 01 48. Fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Presentación de ofertas: prazo: o prazo rematará aos 15 días seguintes ao da última publicación do presente anuncio no BOP ou no DOG.

Documentación: a exixida nas cláusulas 12 e 13 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas, do último día de prazo.

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

8. Apertura de ofertas técnica e económica: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: anunciarase no perfil de contratante do Concello de Vigo.

9. Outras informacións: –.

10. Páxina web para obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 19 de agosto de 2014

David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación