Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Martes, 26 de agosto de 2014 Páx. 36476

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de contratación do servizo de mantemento do terreo de xogo do Estadio Municipal de Balaídos.

1. Entidade que adxudica. Organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Deportes. Número de expediente: 13254-333.

2. Obxecto do contrato. Descrición: mantemento do terreo de xogo do Estadio Municipal de Balaídos, que inclúe operacións periódicas de fertilización, aireación, recebado do céspede, sementeira, tratamentos herbicidas e funxicidas, que manteñan o dito terreo de xogo en condicións óptimas de uso.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo de execución: ata o día 30 de xuño de 2015.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: 41.140 euros.

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil de contratante). Teléfono: 986 81 01 48. Fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista. Clasificación: non se exixe.

8. Presentación de ofertas. Prazo: o prazo rematará aos 15 días seguintes ao da última publicación do presente anuncio no BOP ou no DOG.

Documentación: a exixida nas cláusulas 12 e 13 do prego de condicións administrativas e no punto 7 das FEC.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo, pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo.

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas técnica e económica. Entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: anunciase no perfil de contratante do Concello de Vigo.

10. Outras informacións:

11. Páxina web para obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 8 de agosto de 2014

David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación