Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Mércores, 27 de agosto de 2014 Páx. 36507

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 25 de agosto de 2014, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as industriais, convocado pola Orde do 20 de xuño de 2013 (Diario Oficial de Galicia núm. 122, do 28 de xuño), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o día 29 de xullo de 2014, o tribunal nomeado pola Orde do 14 de abril de 2014 (DOG núm. 80, do 28 de abril), pola que se nomea o tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as industriais, convocado pola Orde do 20 de xuño de 2013 (DOG núm. 122, do 28 de xuño), acordou que o segundo exercicio da fase de oposición terá lugar o día 2 de setembro de 2014, e que o lugar de realización será na Escola Galega de Administración Pública (Polígono das Fontiñas, rúa Madrid, 2-4, 15707 Santiago de Compostela), na aula 2, en chamamento único que se iniciará ás 15.30 horas.

Os aspirantes deberán ir provistos de DNI, ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade a xuízo do tribunal, e bolígrafo de tinta azul.

Non se permitirá o acceso ás aulas en que se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas ou calquera outro instrumento de que se poida valer o aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará ningún servizo de recollida de móbiles.

Pontevedra, 25 de agosto de 2014

José Manuel González González
Presidente do tribunal