Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Mércores, 27 de agosto de 2014 Páx. 36508

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 5 de agosto de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, polo que se convoca para a súa cobertura, polo procedemento de provisión de avaliación colexiada, unha praza de xefe/a do Servizo de Neurofisioloxía Clínica.

A Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 311/2009, do 28 de maio (DOG nº 109, do 5 de xuño), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, e Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG nº 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, resolve anunciar a convocatoria para a súa cobertura, polo procedemento de provisión de avaliación colexiada, dunha praza de xefe/a do Servizo de Neurofisioloxía Clínica.

As bases íntegras da convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios da Xestión Integrada da Coruña, así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde
(www.sergas.es).

O prazo de presentación de solicitudes será de corenta e cinco días naturais, contados a partir do día seguinte da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. As solicitudes, que deberán dirixirse á Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, poderán presentarse no Rexistro da Xestión Integrada da Coruña, así como a través de calquera dos procedementos do artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 5 de agosto de 2014

P.A. (Artigo 4 do Decreto 168/2010, do 7 de outubro)
Ramón Ares Rico
Director de Procesos Asistenciais

ANEXO

Denominación do posto: xefe/a do Servizo de Neurofisioloxía Clínica da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.

Grupo de clasificación: A1.

Nº de vacantes: 1.