Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Xoves, 28 de agosto de 2014 Páx. 36591

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 8 de agosto de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se fai público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 17 de xullo de 2014, polo que se autorizan as instalacións, se aproba o proxecto de execución e se declara a utilidade pública, en concreto, así como a compatibilidade cos dereitos mineiros, do parque eólico Paraño Oeste, situado nos concellos de Beariz (Ourense) e Forcarei (Pontevedra) e promovido pola sociedade Torre de Hércules, S.L. (expediente IN661A DXIEM-02/11).

En cumprimento do disposto nos artigos 128 e 148 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, faise público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 17 de xullo de 2014, polo que se autorizan as instalacións, se aproba o proxecto de execución e se declara a utilidade pública, en concreto, así como a compatibilidade cos dereitos mineiros, do parque eólico Paraño Oeste, situado nos concellos de Beariz (Ourense) e Forcarei (Pontevedra) e promovido pola sociedade Torre de Hércules, S.L. (expediente IN661A DXIEM-02/11), que se transcribe como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 8 de agosto de 2014

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas

ANEXO
Acordo do Consello da Xunta de Galicia polo que se autorizan as instalacións, se aproba o proxecto de execución e se declara a utilidade pública, en concreto, así como a compatibilidade cos dereitos mineiros, do parque eólico Paraño Oeste, situado nos concellos de Beariz (Ourense) e Forcarei (Pontevedra) e promovido pola sociedade Torre de Hércules, S.L. (expediente IN661A DXIEM-02/11)

Examinado o expediente iniciado por solicitude de Torre de Hércules (en diante o promotor) en relación coa autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, do parque eólico Paraño Oeste (en diante o parque eólico), constan os seguintes:

Antecedentes de feito.

Primeiro. Mediante Resolución do 20 de decembro de 2010 pola que se aproba a relación de anteproxectos de parques eólicos seleccionados ao abeiro da Orde do 29 de marzo de 2010 para a asignación de 2.325 MW de potencia na modalidade de novos parques eólicos en Galicia (DOG núm. 248, do 28 de decembro), admitiuse a trámite o parque eólico, cunha potencia de 50 MW.

Segundo. O 22 de xuño de 2011 o promotor solicitou a autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución e do proxecto sectorial e a declaración, en concreto, da utilidade pública para o parque eólico.

Terceiro. Con data do 25 de novembro de 2011 a empresa promotora Torre de Hércules, S.L., titular do parque eólico Paraño Oeste, solicitou ante a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas unha modificación do proxecto consistente, de forma xeral, nun desprazamento de 10 dos 17 aeroxeradores do parque eólico.

Datos básicos do proxecto inicial

Datos básicos do proxecto modificado

Modelo aeroxerador

16×V112+1×V90

Modelo aeroxerador

16×V112+1×V90

Potencia unitaria

16×3.000 kW+1×2.000 kW

Potencia unitaria

16×3.000 kW+1×2.000 kW

Nº aeroxeradores

17

Nº aeroxeradores

17

Potencia total

50 MW

Potencia total

50 MW

Aeroxeradores no proxecto orixinal

Código

X-UTM fuso 29

Y-UTM fuso 29

1

559.337,00

4.706.697,00

2

559.588,00

4.706.448,00

3

559.619,00

4.706.001,00

4

558.526,00

4.706.739,00

5

558.335,00

4.706.084,00

6

558.499,00

4.705.747,00

7

558.443,00

4.705.248,00

8

558.374,00

4.704.718,00

9

558.307,00

4.704.167,00

10

558.391,00

4.703.726,00

11

557.724,00

4.702.798,00

12

556.408,00

4.705.833,00

13

556.663,00

4.705.580,00

14

556.073,00

4.704.693,00

15

556.383,00

4.704.372,00

16

556.615,00

4.704.074,00

17

556.866,00

4.703.792,00

Aeroxeradores no proxecto modificado

Código

X-UTM fuso 29

Y-UTM fuso 29

1

559.337,00

4.706.697,00

2

559.588,00

4.706.448,00

3

559.965,00

4.706.363,00

4

558.526,00

4.706.739,00

5

558.335,00

4.706.084,00

6

558.499,00

4.705.747,00

7

558.443,00

4.705.248,00

8

558.374,00

4.704.718,00

9

558.261,00

4.703.913,00

10

558.418,00

4.703.572,00

11

557.676,00

4.705.421,00

12

557.841,00

4.704.591,00

13

556.527,00

4.705.584,00

14

556.264,00

4.704.502,00

15

556.479,00

4.704.243,00

16

556.698,00

4.703.960,00

17

556.935,00

4.703.721,00

Os cambios con respecto ao anteproxecto xorden pola necesidade de evitar unha serie de bens de patrimonio cultural localizados na zona de afección do parque e que se atopan recollidas dentro do informe emitido o 7 de setembro de 2011 pola Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, dentro do período de consultas sobre o alcance do estudo de impacto ambiental.

Cuarto. Mediante Resolución do 5 de xaneiro de 2012 da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas autorizáronse as modificacións de proxecto do parque eólico Paraño Oeste promovido por Torre de Hércules, S.L.

Quinto. O 13 de marzo de 2012, o Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Ourense informou da existencia do dereito mineiro Alberta I 1ª fracción (P.I. nº 4966.1) existente dentro da área de afección do parque eólico. O 16 de marzo de 2012, o Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Pontevedra informou da existencia do dereito mineiro Alberta I nº 2962. Con data do 20 de marzo de 2012 o Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Pontevedra informou da existencia do dereito mineiro Alberta I 1ª fracción (P.I. nº 4966.1) existente dentro da área de afección do parque eólico, baixo o control da Xefatura Territorial de Ourense, por abranguer maior superficie nesa provincia.

Sexto. O 13 de abril de 2012, o promotor presentou a modificación do proxecto de execución e o estudo de impacto ambiental do parque eólico.

Sétimo. Por Resolución do 14 de maio de 2012, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas someteuse a información pública o proxecto de execución, o seu estudo ambiental e o proxecto sectorial, así como as solicitudes de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e de inclusión no réxime especial do parque eólico, que se desenvolverá nos concellos de Beariz (Ourense) e Forcarei (Pontevedra).

A dita resolución publicouse no Diario Oficial de Galicia do 2 de xullo de 2012, no Boletín Oficial da provincia de Ourense do 2 de xullo de 2012, no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra do 2. de xullo de 2012 e no xornal La Voz de Galicia do 2 de xullo de 2012. Así mesmo, permaneceu exposto ao público nos taboleiros de anuncios das xefaturas territoriais de Ourense e Pontevedra e nos concellos afectados de Beariz (Ourense) e Forcarei (Pontevedra).

Durante o período de información pública presentáronse as seguintes alegacións:

1. O 4 de xullo de 2012, Serafín González Prieto, en calidade de presidente da Sociedade Galega de Historia Natural, presentou un escrito en que pide o seguinte:

▪ Ao non concorrer no proxecto ningunha das consideracións establecidas no artigo 45.6 da Lei 42/2007, do patrimonio natural e da biodiversidade, que non se autorice a afección dos aeroxeradores e vías de acceso sobre:

– Hábitats de conservación prioritaria na Unión Europea existente na zona.

– Especies incluídas no anexo II da Lei 42/2007 presentes na zona.

▪ Que se avalíen as posibles afeccións do proxecto sobre as zonas previstas para a ampliación da Rede Natura 2000 en Galicia e, consecuentemente, se adapte o proxecto para evitalos totalmente.

▪ Que se extremen as medidas para evitar as afeccións do proxecto sobre as especies incluídas no anexo I da Directiva de aves, nos libros vermellos estatais e no Catálogo galego de especies ameazadas presentes na zona e se considere a adopción de medidas mitigadoras.

▪ Que se inclúan no proxecto todas as medidas preventivas e/ou correctoras recomendadas nos plans de conservación de especies ameazadas que teña elaborados (ou en elaboración) a Xunta de Galicia de acordo co previsto nos artigos 15 e 16 do Decreto 88/2007.

▪ Que o proxecto adopte medidas eficaces para mitigar a mortaldade de anfibios, réptiles, aves e mamíferos nas vías de acceso (atropelo e atrapamento en gabias, bueiros, pasos canadenses, etc.) e para minimizar a mortaldade de aves e morcegos por impacto cos aeroxeradores e perturbacións sobre a súa utilización dos hábitats na contorna do parque eólico durante todas as fases do ciclo vital.

2. O 30 de xullo de 2012, Dolores Varela, en nome e representación da asociación ecoloxista e cultural de Terra de Montes Verbo Xido, presentou un escrito de alegacións en que alega:

▪ Que o local do parque eólico está próximo a restos arqueolóxicos, sendo asemade os terreos susceptibles de explotación gandeira ou forestal, con alto interese paisaxístico, estando ademais nunha zona afectada por outros parques eólicos que diminúen as características do hábitat.

▪ Que a zona de implantación se atopa como monte conveniado coa Xunta de Galicia, polo que a recualificación do solo provocaría limitacións debidas á nova cualificación.

▪ Que os aeroxeradores 14, 15, 16 e 17 están a 750 metros do núcleo de Abelaira.

E debido á climatoloxía da zona fai mención expresa da afección polo ruído do parque nas poboacións limítrofes.

▪ Que o estudo do parque non recolle o nivel de radiación electromagnética emitido polos aeroxeradores e as infraestruturas nin o impacto na saúde dos habitantes da zona.

▪ Que o estudo de impacto paisaxístico non prevé a existencia de roteiros de camiñada, e que a implantación do parque supón un impacto visual que afecta o desenvolvemento turístico.

▪ O impacto negativo nas actividades socioeconómicas da zona, así como a afección na poboación da zona que se ve incrementada na época estival.

▪ A falta de mención da presenza na zona da aguia real, sendo asemade a zona un corredor ecolóxico, polo que o parque supón un elevado risco de colisión das aves coas pas dos aeroxeradores, así como a infravaloración no estudo de impacto ambiental da influencia do parque na fase de obras e na de explotación nas colonias de quirópteros.

3. O 1 de agosto de 2012, Aurelio Ramos Ogando, en representación da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Alén, presentou un escrito en que alega:

▪ Que o monte veciñal en man común que representa de acordo coa Lei xeral de montes veciñais é unha propiedade inalienable, imprescritible e inembargable. Ao non ser posible a expropiación de acordo coa citada normativa, a comunidade manifesta o seu desacordo, non sendo válida a expropiación mentres non sexa declarada a prevalencia da utilidade pública.

▪ O resto de puntos o contido da alegación é similar ao alegado no punto 2 pola asociación ecoloxista e cultural de Terra de Montes Verbo Xido.

4. O 2 de agosto de 2012, José Ramos Diz, en representación da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Abeleira, presentou un escrito en que alega:

▪ Que o monte veciñal en man común que representa de acordo coa Lei xeral de montes veciñais é unha propiedade inalienable, imprescritible e inembargable. Ao non ser posible a expropiación de acordo coa citada normativa, a comunidade manifesta o seu desacordo, non sendo válida a expropiación mentres non sexa declarada a prevalencia da utilidade pública.

▪ No resto de puntos o contido da alegación é similar ao alegado no punto 2 pola asociación ecoloxista e cultural de Terra de Montes Verbo Xido.

5. O 6 de agosto de 2012, Belén Raposo Pérez, en nome e representación da CMVMC de Portela de Lamas, presentou alegación en que indica que a CMVMC á representa é a titular dos terreos onde se implantan os aeroxeradores 1, 4, 5 e 6, así como a torre de control, polo que solicita que se rectifique a titularidade das parcelas.

6. O 6 de agosto de 2012, Juan Manuel González Neira en nome e representación de Ventauría Enerxía Rural, S.A., presentou alegación pola que solicita que a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas suspenda a tramitación do expediente do parque eólico ata que se dite sentenza no P.O. 7146/2010, na cal o Tribunal Superior de Xustiza deberá pronunciarse sobre a lexitimidade da Resolución do 30 de decembro de 2009 pola que se acorda a desistencia dos procedementos de parques eólicos en tramitación instruídos ao amparo da Orde do 6 de marzo de 2008.

7. O 9 de agosto de 2012, Víctor Manuel Gil Ramos, en representación da asociación de veciños da parroquia de Xirarga, presentou escrito de alegación onde manifesta en termos similares o alegado pola asociación ecoloxista e cultural de Terra de Montes Verbo Xido, recollido no punto 2.

8. O 7 de xuño de 2013, Belén Raposo Pérez en nome e representación da CMVMC de Portela de Lamas presentou alegación na solicita que se declaren litixiosas as parcelas en que se implantan os aeroxeradores 4, 5 e 6.

Oitavo. O 16 de xullo de 2012, Retegal, S.A. emitiu, en relación coas instalacións do parque eólico, o correspondente condicionado técnico. Neste condicionado, Retegal, S.A. comunica que, ben que non se observen obstrucións directas dos sinais de televisión TDT, non se poden descartar ao 100 % afectacións por causa do multitraxecto nalgunha entidade de poboación do contorno do parque eólico.

Por tanto, establece que o promotor se comprometerá á realización dunha campaña de medidas de cobertura nas localidades do contorno e, se detectar perda ou degradación desta, proporcionará os medios necesarios ou emprenderá algunha actuación de extensión da cobertura que permita o restablecemento da calidade e a correcta recepción dos sinais de TDT.

O 10 de agosto de 2012, en resposta ao condicionado técnico emitido por Retegal, S.A., o promotor presentou un escrito en que manifesta o seu compromiso de que unha vez construído o parque, no caso de verificarse que a instalación afecta os servizos de difusión de TDT, se adopten as medidas oportunas para a eliminación de todo tipo de afeccións e perturbacións sobre os servizos prestados por Retegal, S.A.

Noveno. O 24 de xullo de 2012, Gamesa Energía, S.A. emitiu, en relación coas instalacións do parque eólico, o correspondente condicionado técnico, onde comunica que as obras tanto de vías como de gabias deberán gardar a suficiente distancia coas cimentacións dos apoios da LAT 220 kV PE Ameixeiras-PE Cando para que estas non se vexan afectadas, polo que, unha vez implantada a obra e antes de iniciar os traballos, deberase avisar a Gamesa para realizar unha visita conxunta de campo e dar o visto e prace.

O 22 de setembro de 2012, en resposta ao condicionado técnico emitido por Gamesa, a empresa promotora presentou escrito en que manifesta a súa conformidade co condicionado feito.

Décimo. O 28 de agosto de 2012, a Xefatura Territorial de Ourense emitiu informe favorable á solicitude do promotor, tanto no que respecta á autorización administrativa como á aprobación do proxecto e á súa declaración de utilidade pública, así como á continuación dos trámites ambientais e do proxecto sectorial; para a continuación do procedemento.

Décimo primeiro. O 10 de setembro de 2012, a Xefatura Territorial de Pontevedra emitiu informe favorable á solicitude do promotor, tanto no que respecta á autorización administrativa como á aprobación do proxecto e á súa declaración de utilidade pública, así como a continuación dos trámites ambientais e do proxecto sectorial; para á continuación do procedemento.

Décimo segundo. O 12 de agosto de 2013, a Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu, en relación co proxecto sectorial do parque eólico, o informe a que fai referencia o artigo 37.7 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental.

Décimo terceiro. O 7 de outubro de 2013, a Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes remitiu os informes do 25 de febreiro de 2013 e 8 de febreiro de 2013 dos servizos de Montes de Ourense e Pontevedra, respectivamente, a que fai referencia o artigo 45.3 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

Décimo cuarto. O 11 de outubro de 2013, a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas iniciou os trámites de compatibilidade entre o parque eólico e o dereito mineiro.

Décimo quinto. O 17 de outubro de 2013, a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental formulou a declaración de impacto ambiental relativa ao parque eólico, que se fixo pública por Resolución do 21 de xaneiro de 2014 da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas (DOG núm. 41, do 28 de febreiro).

Décimo sexto. O 24 de febreiro de 2014, a Subdirección Xeral de Recursos Minerais, en vista da documentación correspondente ao trámite de compatibilidade do parque eólico co dereito mineiro afectado, comunica que considera que os labores mineiros autorizados para o permiso de investigación Alberta I nº 2962 dentro da área xeográfica do parque eólico son compatibles coa construción e explotación deste.

Décimo sétimo. O 25 de marzo de 2014, a empresa promotora presentou unha actualización da relación de bens e dereitos afectados para o parque eólico Paraño Oeste, en resposta aos informes emitidos polos servizos de montes das xefaturas territoriais de Ourense e Pontevedra, polo que dentro do procedemento de declaración de utilidade pública foi comunicada aos novos titulares dos predios a apertura dun prazo de 30 días para examinaren o expediente e formularen alegacións.

Décimo oitavo. O 3 de xuño de 2014, dentro do período de alegacións aberto de acordo co antecedente decimo sétimo, a CMVMC de Abeleira, a través do seu presidente José Ramos Diz, presentou alegación en que indica:

• Que as alegacións presentadas pola CMVMC no ano 2012 non foron contestadas, nas cales se solicitaba que se corrixise a superficie afectada, xa que existen diferenzas coa real e se concretase durante o levantamento de actas previas, solicitándose asemade un plano coas afeccións.

Décimo noveno. Con data do 8 de xullo de 2014, a Subdirección Xeral de Recursos Minerais emitiu complemento ao informe do 24 de febreiro de 2014 recollido no antecedente sexto, en que, comunica que considera que os labores mineiros autorizados para o permiso de investigación Alberta I 1ª Fracción nº 4966.1 dentro da área xeográfica do parque eólico son compatibles coa construción e explotación deste.

Aos antecedentes de feito descritos sonlle de aplicación os seguintes:

Fundamentos de dereito.

Primeiro. O Consello da Xunta de Galicia é competente para resolver este procedemento con fundamento no artigo 28.3 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, aplicable ao presente procedemento en virtude do previsto na disposición transitoria segunda da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e de acordo co establecido polo artigo 45.3 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 4/2014, do 8 de maio, pola que se modifica a Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental.

Segundo. No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites de procedemento establecidos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas vixentes de aplicación.

Terceiro. Tal e como se indica no antecedente de feito décimo sexto o 24 de febreiro de 2014 a Subdirección Xeral de Recursos Minerais, en vista da documentación correspondente ao trámite de compatibilidade do parque eólico co dereito mineiro afectado, comunica que considera que os labores mineiros autorizados para o permiso de investigación Alberta I nº 2962 dentro da área xeográfica do parque eólico son compatibles coa construción e explotación deste.

Cuarto. Con respecto ás alegacións presentadas, visto o contido destas e as respostas do promotor, cómpre manifestar o seguinte:

– No que respecta ás alegacións presentadas de carácter ambiental, foron tidas en conta na declaración de impacto ambiental emitida pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental o 17 de outubro de 2013.

– No que atinxe ás alegacións presentadas polas comunidades de montes en man común, cómpre manifestar, en primeiro lugar, que o promotor, nas súas respostas, non se opón á apertura de peza separada do trámite de compatibilidade, tentando viabilizar a implantación do parque cos usos do monte veciñal.

– Por outra parte, no que atinxe ás alegacións relacionadas coa titularidade dos bens e dereitos afectados polo proxecto do parque eólico, así como coas súas características, cómpre indicar que se tomou razón de todas as manifestacións e documentos presentados polas persoas interesadas, correspondendo á fase de levantamento de actas previas, dentro do procedemento expropiador, a determinación efectiva da titularidade dos bens e dereitos afectados, así como das súas características (lindes, dimensións, tipo de cultivo,...).

– No que respecta á alegación de Ventauria Enerxía Rural, cómpre manifestar que mediante sentenza do 28 de xuño de 2013, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia desestimou o recurso interposto pola dita sociedade contra a Resolución do 30 de decembro de 2009, pola que se acorda a desistencia dos procedementos de parques eólicos en tramitación instruídos ao abeiro da Orde do 6 de marzo de 2008.

De acordo con todo o que antecede, e no exercicio das competencias que ten atribuídas, o Consello da Xunta de Galicia adopta o seguinte,

ACORDO:

Primeiro. Autorizar as instalacións do parque eólico Paraño Oeste, situado nos concellos de Beariz (Ourense) e Forcarei (Pontevedra) e promovido pola sociedade Torre de Hércules, S.L., cunha potencia de 50 MW.

Segundo. Aprobar o proxecto de execución das instalacións do parque eólico Paraño Oeste asinado polo enxeñeiro industrial do ICAI Eduardo Ardila Ortuño. As características principais recollidas no proxecto son as seguintes:

Características parque eólico Paraño Oeste

Peticionaria:

Torre de Hércules, S.L.

Domicilio social:

Torre de Hércules, S.L., avenida Linares Rivas, 30, 15005 A Coruña

Situación:

Concellos de Beariz (Ourense) e Forcarei (Pontevedra)

Zona:

10

Área de desenvolvemento eólico (ADE):

II-10-4 Paraño

Poligonal de delimitación do parque

UTM X

UTM Y

A

557.512

4.707.000

B

555.000

4.705.913

C

555.000

4.705.353

D

557.101

4.702.284

E

558.166

4.702.284

F

560.689

4.706.806

G

560.500

4.707.000

Aeroxeradores

Código

X-UTM fuso 29

Y-UTM fuso 29

1

559.337,00

4.706.697,00

2

559.588,00

4.706.448,00

3

559.965,00

4.706.363,00

4

558.526,00

4.706.739,00

5

558.335,00

4.706.084,00

6

558.499,00

4.705.747,00

7

558.443,00

4.705.248,00

8

558.374,00

4.704.718,00

9

558.261,00

4.703.913,00

10

558.418,00

4.703.572,00

11

557.676,00

4.705.421,00

12

557.841,00

4.704.591,00

13

556.527,00

4.705.584,00

14

556.264,00

4.704.502,00

15

556.479,00

4.704.243,00

16

556.698,00

4.703.960,00

17

556.935,00

4.703.721,00

Coordenadas torres de medición

UTM X

UTM Y

559.110

4.706.915

558.258

4.703.334

Potencia instalada:

50 MW

Produción bruta:

132.89 GWh/ano

Horas equivalentes:

2.658 h.

Orzamento total:

64.582.583,86 € + IVE

Características técnicas principais:

• 16 aeroxeradores Vestas V-112 de 3.000 kW de potencia nominal unitaria, altura de buxa 119 metros, diámetro de rotor 112 metros.

• 1 aeroxerador Vestas V-90 de 2.000 kW de potencia nominal unitaria, altura de buxa 105 metros, diámetro de rotor 90 metros.

• 16 centros de transformación de 3.350 kVA e 1 centro de transformación de 2.100 kVA de potencia nominal unitaria e relación de transformación 0,65/30 kV, celas de media tensión de 30 kV e os correspondentes equipamentos de protección, telemando e demais elementos auxiliares.

• 2 torres meteorolóxicas de 120 m de altura.

• Rede subterránea de media tensión (30 kV), con condutor tipo RHZ1-OL 18/30 KV Al, para a evacuación da enerxía xerada entre os transformadores individuais dos aeroxeradores, e entre estes e a subestación.

• Subestación transformadora 220/30 kV, tipo intemperie, con edificio de control, con dúas posicións de entrada e saída de liña de 220 kV, unha posición de barras de 220 kV e unha posición de transformador 220/30 kV para conexión do parque eólico mediante un módulo híbrido con illamento SF6-aire, cos equipamentos de seccionamento, medida, protección, telemando e demais elementos auxiliares.

Terceiro. Declarar a utilidade pública, en concreto, das instalacións do proxecto do parque eólico, segundo o previsto nos artigos 52 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, o que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

Cuarto. Declarar a compatibilidade do parque eólico Paraño Oeste cos permisos de investigación Alberta I nº 2962, e Alberta I 1ª Fracción nº 4966.1.

A presente autorización axustarase ao cumprimento das seguintes condicións:

1. Para garantir o cumprimento das súas obrigas, Torre de Hércules, S.L. constituirá, de acordo co establecido no artigo 40.1 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, unha fianza polo importe de 1.094.620,07 euros, correspondente ao 2 % do orzamento de execución material das instalacións do proxecto que por esta resolución se aproba.

A dita fianza depositarase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 11.3 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, sobre réxime de instalación, ampliación e traslado de industrias. A súa devolución efectuarase de acordo co establecido no antedito artigo 40.1 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

2. Consonte o disposto nos artigos 40.2 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, e 4 do Decreto 455/1996, do 7 de novembro, de fianzas en materia ambiental, Torre de Hércules, S.L. constituirá, con carácter previo ao inicio das obras, unha fianza para garantir o cumprimento do deber de restaurar os terreos ocupados polo parque eólico na fase de obras. O importe da fianza fíxase, por proposta da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, en 484.369 euros.

A dita fianza depositarase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 11.3 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, sobre réxime de instalación, ampliación e traslado de industrias. A súa devolución efectuarase de acordo co establecido no artigo 6 do Decreto 455/1996, do 7 de novembro, unha vez depositada a fianza para garantir o deber de restaurar os terreos ocupados na fase de desmantelamento.

3. Para a inscrición da instalación no rexistro autonómico creado pola Orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xuño de 1995 (DOG núm. 135, do 14 de xullo), o promotor efectuará a correspondente solicitude, de acordo co procedemento regulamentariamente establecido.

4. A instalación adaptarase ao procedemento de captación e procesamento de datos de produción de enerxía eléctrica de Galicia regulamentado pola Orde da Consellería de Innovación e Industria do 23 de xaneiro de 2009, pola que se establece o procedemento para a captación e procesamento dos datos de produción enerxética das instalacións acollidas ao réxime especial de produción de enerxía eléctrica na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 37, do 23 de febreiro).

5. As instalacións autorizadas realizaranse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto de execución que por esta resolución se aproba, cun orzamento de 64.582.583,86 euros, e de acordo co establecido no punto 1 ámbito da declaración, da declaración de impacto ambiental.

6. No caso de se manifestaren perturbacións na recepción do sinal de televisión directamente atribuíbles ás instalacións do parque eólico, Torre de Hércules, S.L. deberá adoptar as medidas necesarias para devolver á recepción do sinal as anteriores condicións de calidade.

7. O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses contados a partir da data de ocupación dos terreos.

Unha vez construídas as instalacións autorizadas, e con carácter previo á súa posta en servizo, as xefaturas territoriais da Consellería de Economía e Industria de Ourense e Pontevedra inspeccionarán a totalidade das obras e montaxes efectuadas e verificará o cumprimento das condicións establecidas nesta resolución e as demais que sexan de aplicación, incluídas as contidas na declaración de impacto ambiental formulada o 17 de outubro de 2013 pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

8. O parque eólico deberá cumprir cos requisitos que se recollan nos procedementos de operación aprobados polo Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo que lle resulten de aplicación.

9. A Administración reserva para si o dereito de deixar sen efecto a presente autorización por calquera das causas establecidas no artigo 34 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, por incumprimento das condiciones impostas ou por calquera outra causa excepcional que o xustifique.

10. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Este acordo publicarase no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia de Ourense e Pontevedra, de acordo co establecido nos artigos 128 e 148 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, así como en cumprimento do disposto polo artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, para os efectos da notificación aos interesados cando estes sexan descoñecidos, se ignore o lugar ou o medio de notificación, ou ben cando, intentada esta, non se puidese practicar.

Contra o presente acordo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de acordo co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación desta resolución, de conformidade co establecido nos artigos 10, 14 e 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.