Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Xoves, 28 de agosto de 2014 Páx. 36607

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 18 de agosto de 2014 pola que se fai pública a formalización do contrato das obras de mantemento, conservación, reforma e reparación do Albergue Xuvenil As Sinas en Vilanova de Arousa (Pontevedra) (contratación documentalmente simplificada).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica-Servizo de Obras.

c) Número de expediente: 21/2014.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20229

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: obras.

b) Descrición do obxecto: obras de mantemento, conservación, reforma e reparación do Albergue Xuvenil As Sinas en Vilanova de Arousa (Pontevedra).

(CPA: 41.00.3), (CPV: 45000000-7).

c) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 67, do 7 de abril de 2014.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación. Importe neto: 257.542,29 €. IVE: 54.083,88 €. Importe total: 311.626,17 €.

Esta contratación englóbase dentro das actuacións incluídas no convenio específico asinado o 7 de maio de 2012 entre o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e a Comunidade Autónoma de Galicia, para a execución, o seguimento e a avaliación das accións incluídas nos plans de zona das súas zonas rurais, publicado por Resolución do 22 de maio de 2012 no Boletín Oficial del Estado (BOE nº 139, do 11 de xuño).

O eixe, a medida e o tipo de actuación son os seguintes: 1.20.CA.1 Dotación e mellora de infraestruturas, equipamentos e activos para o turismo rural.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 11 de xullo de 2014.

b) Data de formalización do contrato: 5 de agosto de 2014.

b) Contratista: Prace Servicios y Obras, S.A.

c) Importe de adxudicación. Importe neto: 218.910,95 € (sen IVE).

Santiago de Compostela, 18 de agosto de 2014

P.D. (Resolución 31.7.2014)
Jacinto Álvarez Somoza
Subdirector xeral de Coordinación Administrativa