Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Xoves, 28 de agosto de 2014 Páx. 36609

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 6 de agosto de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai pública unha resolución de procedencia de reintegro de axudas e subvencións do programa para a promoción da integración laboral das persoas con discapacidade na empresa ordinaria, reguladas na Orde do 23 de abril de 2010 (Diario Oficial de Galicia do 30 de abril), relativa ao expediente TR343A 2010/29-2.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), e ao non ser posible a súa práctica, por medio desta cédula e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle ao interesado o contido da resolución que figura como anexo para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpor o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpor recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lémbraselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rolda da Muralla, 70, baixo, Lugo, e a obter, se é o caso, copia deste acordo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 6 de agosto de 2014

P.A. (Artigo 39.2.1 e Decreto 42/2013, do 21 de febreiro)
Vicente Correa Díaz
Xefe do Servizo de Coordinación Administrativa

ANEXO

Nº de expediente: TR343A 2010/29-2.

Nome: Laboratorios Asociados Nupel, S.L.

DNI/NIF: B27203934.

Último enderezo coñecido: rúa Carpinteiros, 25, 27003 Lugo.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo a traballadora contratada ao abeiro deste programa por un período mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: base décimo segunda, número 1, do anexo A da Orde do 23 de abril de 2010.

Contido da resolución: procedencia de reintegro da axuda ditada o 24 de xullo de 2014 polo xefe territorial da Consellería de Traballo e Benestar de Lugo.